 |
|
A procura e a elaboración de prácticas educativas que tomen en conta todos os aspectos físicos, afectivos, sociais e intelectuais da personalidade das persoas en formación. |
 |
|
A definición e loita por unhas condicións necesarias para unha pedagoxía alternativa orientada desde o Proxecto ou Modelo de Escola Pública que preconizamos. |
 |
|
A modificación dos perfís profesionais dos educadores, desde a óptica dunha nova profesionalidade afastada de visións tradicionalistas e autoritarias. |
 |
|
A batalla contra a cultura prefabricada, case sempre imposta aos alumnos e alumnas sen deixarlles a posibilidade de verificar e de comprender criticamente o conxunto de achegas culturais. |
 |
|
A inculturación galeguizadora e a loita pola normalización lingüística en Galiza. |
 |
|
A busca dunha concepción curricular e formativa unitaria, interdisciplinar e integradora. |
 |
|
A procura dunha xestión democrática das institucións educativas, que sexa unha efectiva xestión social anti-autoritaria, anti-burocrática e anti-corporativa. |
 |
|
A afirmación da laicidade da educación pública ou sostida con fondos públicos, da coeducación, da promoción da igualdade e da integración das diferenzas; é dicir, unha educación efectivamente democrática e democratizadora, como parte dunha sociedade democrática e socialmente avanzada. |