|
 | A Actividade |  |
 | Secretaría |  |
|
 | SUSPENSIÓN DAS XORNADAS |  |
Suspensión das Xornadas
Tendo en conta a evolución da situación sanitaria, o Concello da Pontenova desaconsellou a realización das Xornadas nas datas previstas.
En consecuencia, a súa celebración quedou suspendida á espera dunha decisión definitiva sobre as mesmas que será comunicada nos próximos días.
Como é obvio, tanto a organización local como Nova Escola Galega no seu conxunto piden desculpas a todas aquelas persoas interesadas en participar, tanto desde a súa posición de relatores/as como desde a de asistentes. Pide desculpas tamén a todas aquelas entidades que, dun ou doutro modo, se implicaron na concepción e na organización das Xornadas.
|
|
 | Onde comer e onde durmir |  |
Para almorzar (xantar) na Pontenova
Restaurante “Lar de Balbina”. Tfno. 982 041 436. Menús a 15 € e a18 € // Hotel “San Briz”. Tfno. 982 342 389. Menú a 14 € // Cafetería da Casa da Cultura. Tfno. 696 971 856. Pratos combinados e racións.
|
Para durmir na Pontenova
Ler máis
|
|
 | Entidades participantes |  |
Organiza: NOVA ESCOLA GALEGA
Entidades colaboradoras: REDE GALEGA DE EDUCACIÓN E DESENVOLVEMENTO RURAL AMPA DO CEIP “AVELINO DÍAZ” – Meira AMPA DO CEIP DA PONTENOVA AMPA DO CEIP DE RIOTORTO AMPA DO IES “PEDREGAL DE IRIMIA” – Meira ASOCIACIÓN CULTURAL “ALBIÓNS” – A Pontenova ASOCIACIÓN CULTURAL “ARRINCADEIRA” – Riotorto ASOCIACIÓN CULTURAL “AVELINO DÍAZ” ASOCIACIÓN CULTURAL “M DE MEIRA” ASOCIACIÓN CULTURAL “O PICATO” – Trabada ASOCIACIÓN DE AMIGOS/AS DA MALLA – Meira ASOCIACIÓN DE AMIGOS/AS DA MALLA – Vilapena ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS – A Pontenova ASOCIACIÓN DE VECIÑOS E VECIÑAS DA AUGAXOSA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS E VECIÑAS DE SANTA COMBA DA ÓRREA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS E VECIÑAS DO VILAR DE SANTIAGO – A Muxueira ASOCIACIÓN PARA A PROMOCIÓN SOCIAL DOS FERREIROS DE RIOTORTO ASOCIACIÓN RECREATIVA E CULTURAL DOS/AS AMIGOS/AS DE SANTA COMBA DA ÓRREA (ARCASCO) CONFEDERACIÓN DE ANPAS GALEGAS CLUB DE BÓLOS DE SANTA MARTA DE MEILÁN CLUB DE BÓLOS E DEPORTES TRADICIONAIS DE SANTALLA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DA PONTENOVA GRUPO DE TEATRO “LUME ESCÉNICO” – A Pontenova REVISTA GALEGA DE EDUCACIÓN SOCIEDADE DE FOMENTO FORESTAL (SOFOR) DE CANDEDO – A Serra de Meira XELDA, EIDO RURAL
Financiamento: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
Apoio institucional: CONCELLO DA PONTENOVA CONCELLO DE RIOTORTO CONCELLO DE MEIRA CONCELLO DE TRABADA
|
|
 | Presentación |  |
A convocatoria dos Encontros por cuarto ano consecutivo constitúe, globalmente, unha proposta para a análise da situación do medio rural galego na actualidade. Esta análise realízase, por unha parte, desde a óptica especialmente educativa, pero tendo en conta que o que sucede no ámbito da educación non é nada máis que o reflexo dunha realidade global moito máis complexa. Por outra, exemplifícase esta análise nunha comarca ben definida -aínda que non recoñecida administrativamente- que ten sufrido nas últimas décadas unha transformación evidente e que, ao tempo dun progresivo e evidente despoboamento, foi quen de ir vendo nacer no seu seo iniciativas que provocan que non sexa utópico enxergar no horizonte un futuro posible. Esa comarca é a Terra de Miranda.
Obxectivos da actividade.-
1. Analizar e explicar, situándoa no seu contexto, a realidade educativa no medio rural galego, en xeral, e na Terra de Miranda en particular. 2. Identificar, a carón desa realidade educativa analizada, as características -naturais, económicas, sociais, asociativas...- que determinan o estado actual da comarca. 3. Situar estes elementos analizados e identificados, no contexto de Galicia e na procura da concepción dunha estratexia global de desenvolvemento do medio rural. 4. Particularmente, poñer en común experiencias educativas que contribúan á planificación dunha estratexia educativa galega concibida desde e para o medio rural.
|
|
|
|
 | Ficha técnica |  |
Título da actividade: Encontros de debate sobre o medio rural DESCONFINANDO A TERRA DE MIRANDA: IV XORNADAS
Datas de celebración 30 e 31 de outubro de 2020
Lugar de celebración: . Casa da Cultura da Pontenova (Lugo) (43º20'54''N - 7º11'27''O)
Destinatarios/as: Persoal docente do ensino público e concertado, e en paro.
Número máximo de participantes: 50, por rigorosa orde de inscrición.
Nº de horas: 12 (homologación da Consellería de Educación en trámite).
Cotas de inscrición: A inscrición é gratuíta para o público en xeral.
Cotas de inscrición para as persoas que desexen homologación da actividade (12 h. de formación) recoñecida pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria:
Ata o 26 de outubro de 2020 Socios/as de Nova Escola Galega: 5 €. Parados/as: 10 € (é precisa xustificación documental). Cota ordinaria: 15 €.
Desde o 27 de outubro de 2020 Socios/as de Nova Escola Galega: 10 €. Parados/as: 15 € (é precisa xustificación documental). Cota ordinaria: 20 €.
Forma de pagamento: Ingreso ou transferencia bancaria á conta de Nova Escola Galega en ABANCA IBAN ES77 2080 – 0300 – 85 – 3040089500
Inscrición: Achega do boletín de inscrición xunto co xustificante do pagamento.
|
|
|
|