|
 | RGE 85. TEA E INCLUSIÓN |  |
 | NEG OPINA: A ÚLTIMA |  |
 | SECRETARIADO |  |
 | Como asociarse? |  |
Para asociáreste podes cubrir este formulario e envialo á nosa sede nacional.
|
|
 | Contacta con nós |  |
|
 | NOVAS |  |
#11F
Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
#11F
#DíaInternacionalNenaMullerCiencia
NEG quere convidar a comunidade educativa a sumarse á celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que desde o 11 de febreiro de 2016 recórdanos que a igualdade de xénero no ámbito científico aínda está por acadar. Os datos son contundentes, en pleno século XXI as mulleres representan apenas o 30% do alumnado en carreiras das áreas STEM, ou ao redor do 12% en informática, segundo o Ministerio de Educación. A escola demostra así a súa incapacidade de compensar os estereotipos de xénero que impiden que nas nenas se desenvolvan as vocacións científicas e tecnolóxicas en igualdade de condicións que nos nenos; mesmo desde as aulas refórzanse estes estereotipos cando privamos de referentes femininos ao alumnado, visibilizando só as contribucións masculinas nestes eidos.
Cómpre lembrar que a aposta pola igualdade nas ciencias non é únicamente unha cuestión de dereitos das nenas; o ámbito científico non só é un lugar privilixiado desde o que xerar coñecemento, senón tamén unha fonte de poder no que as mulleres deben estar para, citando á UNESCO, orientar o progreso científico cara ao conxunto das necesidades da humanidade.
Convidamos, xa que logo, a que todos os días do curso académico sexan 11 de febreiro, e a que o compromiso da escola coa igualdade de oportunidades sirva para encher as aulas e os currículos escolares de investigadoras, austronautas, enxeñeiras, biólogas, físicas... que inspiren confianza e ilusión nas nosas alumnas.
(ler máis)
|
|
|
|
 | Buscador |  |
 | XXXIV ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÉS DE EDUCADORAS/ES POLA PAZ |  |
 | A CIDADE DE COMPOSTELA COMO ESCENARIO EDUCATIVO |  |
 | O LUGAR DO GALEGO NUN MODELO DE EDUCACIÓN MULTILINGÜE |  |
 | ROTEIRO SOBRE A MEMORIA HISTÓRICA POR SANTIAGO |  |
 | EMERXENCIA CLIMÁTICA |  |
 | OS DEREITOS DA INFANCIA A DEBATE |  |
 | XIV SEMINARIO DE AVALIACIÓN DE MATERIAIS DIDÁCTICOS |  |
 | Tamén estamos en... |  |
 | XIV PREMIOS EDUCACOMPOSTELA |  |
 | XXV ANIVERSARIO NEG |  |
 | Manifesto ante a presenza militar nas actividades dos centros escolares |  |
 | NEG e a lingua (1983-2008) |  |
 | ENGÁDESTE? |  |
 | Modelo de Normalización defendido por NEG |  |
|
|