|
 | A Actividade |  |
|
 | Presentación |  |
Cumprimos vinte anos de Encontros Galego-Portugueses de Educadoras e Educadores pola Paz (XX Encontro Galego e XIII Galego-Portugués). Nesta ocasión voltamos, remontando as augas do rio Minho que nos une, á augusta cidade de Lugo, unha das máis antigas da Gallaecia romana.
Nesta edición, nas mesmas vésperas do día internacional da clase traballadora, o motivo central da parte máis reflexiva do Encontro será a educación para o desenvolvemento: aprender a solidariedade. A nosa proposta de reflexión pretende abrir os ollos do intelecto e do corazón ás tremendas situacións de desigualdade nas nosas sociedades e no planeta que habitamos, mais tamén ás posibilidades, reais e atinxíbeis, de desenvolvemento das persoas e dos pobos, así como ás nosas relacións co resto do mundo natural, necesariamente prexudicados por este modelo de desenvolvemento. Outro mundo, certamente, é posíbel.
Constituída a Asociación Galego-Portuguesa de Educación para a Paz (AGAPPAZ), que aglutina as persoas unidas por estes Encontros e por unha perspectiva educadora desde e para a paz, a democracia real e os dereitos humanos, é necesario o acto individual de adesión e participación na asociación e no seu mantemento. E ademais queremos, e así será presentado á súa Asemblea, que o primeiro grande acto con repercusión internacional que a nosa asociación debe promover, sexa o recoñecemento do profesor Xesús Jares, por todo o seu labor educativo, investigador e de difusión da educación para a paz, ao longo de xa vinte e cinco anos de experiencia profisional, nos entornos galego, portugués, español e latinoamericano, nomeadamente. O XX encontro debe converterse no punto de partida deste recoñecemento e homenaxe, e motivo de celebración para todas as persoas comprometidas coa paz.
Ademais, os Encontros reservan parte do seu tempo para a práctica nos obradoiros, coñecer experiencias, libros e materiais, xogar cooperativamente, bailar danzas do mundo, etc. E, especialmente, encontrarnos, compartir os nosos proxectos, ilusións, problemas e dificuldades na construción dun mundo máis pacífico e xusto. Todo desde o compromiso coa búsqueda da verdade e a esperanza.
Por iso, e contando coa excelente acollida do concello e do pobo de Lugo, agardamos a vosa presenza e participación activa. Até abril, SEMPRE!
|
|
 | Documentación |  |
|
|
 | Ficha técnica |  |
Título da actividade: XX ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÉS DE EDUCADORAS E EDUCADORES POLA PAZ
Datas de celebración: 28, 29 e 30 de ABRIL de 2006
Lugar de celebración: Hotel Torre de Núñez. - Lugo
Cotas de inscrición: 1. Matrícula e pensión completa a fin de semana en cuarto duplo: a) Socias/os de NEG ; socias/os do MEP; estudantes e desempregadas/os até 5 de abril: 90 €. Despois desa data: 100 €.
b) Resto das persoas: 100 € até o día 5 de abril. Despois desa data o prezo é de 110 €.
Para facilitar o aloxamento AO MAIOR NÚMERO DE PERSOAS NON HABERÁ HABITACIÓNS INDIVIDUAIS, agás posíbeis casos excepcionais dos que se informe na inscrición. Nos casos autorizados pola organización pagarase un suplemento de 30 €.
2. Só matrícula (Se for necesario, darase prioridade a quen se matricule en pensión completa) : a) Ata o día 5 de abril: - Socios/as de NEG; socios/as do MEP; estudantes e desempregados/as: 30 €. - Resto: 40 €. b) Despois do 5 de abril: - Socios/as de NEG; socios/as do MEP; estudantes/as e desempregados/as: 40 €. - Resto: 50 €. Media pensión: Estas persoas poderán xantar e/ou cear no hotel co resto dos participantes facéndoo constar na inscrición en Observacións e abonando á organización o importe correspondente por comida/refeição.
Forma de pagamento: -Información: agappaz@mundo-r.com -Inscricións por correo electrónico, correo postal ou fax, acompañadas de copia do resgardo de pagamento a:
PORTUGAL: EB1 nº 8 do Barreiro, Rua de Cabo Verde, 2830 Barreiro (Portugal) Tfno/Fax:. 212 03 34 19 (Helena Proença) Correo electrónico: helena.proenca@netvisao.pt
CONTA nº: 0141 091813300 da Caixa Geral de Depósitos (Barreiro – Portugal) NIB: 003501410009181330087 da Caixa Geral de Depósitos
GALIZA: Nova Escola Galega Rúa Betanzos, 1 – 1º, 15703 Santiago de Compostela (Galiza, España) Tel. 981 56 25 77 CONTA a nome de: Educadores pola Paz Nº: 2080.0000.71.0040194535 de Caixanova (Oficina principal) en Vigo.
Inscrición: -Información: agappaz@mundo-r.com -Inscricións por correo electrónico, correo postal ou fax, acompañadas de copia do resgardo de pagamento
|
|
|
|