Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2006 IV Xornadas Ciencia e Territorio. A Arqueoloxía 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
Memoria das Xornadas
Matrícula
Programa

Prensa
Cuadernos de Pedagogía Set-2006
Xornal.com 8-Set-2006
Cerne - Terra de Melide Out-2006
Cerne - Terra de Melide Set-2006
Terras de Santiago 26-Set-2006
Europa Press 14-Set-2006
ourensenet.com 13-Set-2006
www.noticiasgalicia.com 14-Set-2006
Vigo Metropolitano 29-Ago-2006
El Progreso 14-Set-2006
La Voz de Galicia 14-Set-2006
El Progreso 13-Set-2006
La Voz de Galicia 12-Set-2006
El Progreso 12-Set-2006
Comunicado de prensa núm. 6
Comunicado de prensa núm. 5
Progreso 11-Set-2006
Comunicado de prensa núm. 4
La Voz de Galicia, 9-Set-06
Canal Ciencia Agosto 2006
La Voz de Galicia, 7-Set-06
Comunicado de prensa núm. 3
Comunicado de prensa núm. 2
Comunicado de prensa núm. 1

Conclusións

As persoas participantes nas IV Xornadas “Ciencia e Territorio”, profesionais da educación e da investigación arqueolóxica, despois das sesións de traballo teóricas e das saídas de campo desenvolvidas durante os tres días de duración da actividade, realizaron as seguintes constatacións:

1.      A Terra de Melide é unha das comarcas galegas máis e mellor estudadas desde a perspectiva arqueolóxica. Semella evidente, así e todo, que son moitos os proxectos que se deberán poñer en marcha no futuro para rematar o estudo da enorme riqueza arqueolóxica da comarca. Sirva como exemplo o caso do campamento romano d’A Cidadela (Sobrado dos Monxes), do cal se calcula que ata o momento está escavado só nun 10%, aproximadamente.

2.      Se isto ocorre nunha comarca que xa comezou a ser estudada desde a época da Xeración Nós, todo parece indicar que é necesario que Galiza dedique importantes recursos ao estudo da súa riqueza arqueolóxica.

3.      A afirmación anterior aséntase na necesidade de considerar a realidade galega no seu conxunto, toda vez que, alén dunha lingua con séculos de cultivo literario, semella que a reconstrución de Galiza como país só será posible se se consideran –e se se lles recoñece o seu xusto papel- todas as manifestacións culturais que nos identifican aos galegos e ás galegas como pobo. Desde esta óptica, o coñecemento da nosa historia pasa, necesariamente, pola investigación arqueolóxica.

4.      Desde o punto de vista local, os concellos teñen nos seus xacementos arqueolóxicos un potencial -sen dúbida moi importante- que explotar desde a perspectiva cultural, educativa, turística, económica... Constátase que na Terra de Melide son moi escasas, aínda, as iniciativas neste sentido.

5.      Particularmente, parece necesario desenvolver programas que persigan acadar a necesaria concienciación social de cara aos xacementos identificados e mesmo de cara aos achados ocasionais. Desde esta perspectiva, os xacementos deben ser considerados como un ben identitario, como unha parte indisociable do todo que constitúe o medio.

6.      Nun deseño global da investigación no eido da arqueoloxía, faise necesaria a concepción de museos comarcais, depositarios e divulgadores dos achados logrados. A Terra de Melide congratúlase de poder dispoñer dun museo que representa o valor engadido de ter sido creado e sostido pola xeneralidade da poboación da comarca. O mesmo se podería dicir de diferentes colectivos e entidades que desenvolven na comarca un permanente labor de investigación e divulgación.

7.      Desde o punto de vista da educación, constátase a escasa presenza que a arqueoloxía ten no currículo escolar. E iso tendo en conta que o papel da arqueoloxía nos procesos de ensino-aprendizaxe particularmente da historia ben podería ser equiparable ao dos laboratorios de prácticas nas ciencias naturais, na física ou na química.

8.      É evidente que os xacementos arqueolóxicos ofrecen unhas grandes posibilidades didácticas, precisamente por ser posible neles comprobar que o aprendido na aula ten unha base real no propio espazo onde se desenvolveu a realidade estudada. Desde esta perspectiva, é en todo punto precisa a elaboración de material didáctico que permita aproveitar desde o terreo educativo todo aquilo que o medio ofrece.

9.      No tocante ao propio desenvolvemento das Xornadas, constátase un ano máis que un evento destas características favorece o intercambio de experiencias, de perspectivas e incluso de afectos entre profesionais de diferentes disciplinas. Permite, ao tempo, a difusión de coñecementos cara a ensinantes e futuros formadores, baixo a premisa fundamental de que non se aprecia o que non se coñece, premisa fundamental para o deseño dunha educación que pretenda confundirse co territorio onde se leva a cabo e ao que se debe.



Presentación

IV XORNADAS CIENCIA E TERRITORIO. A ARQUEOLOXÍA

Xustificación

A partir do ano 2003, Nova Escola Galega e os Departamentos de Ciencias Naturais e Ciencias Sociais do IES Melide propuxeron, nunha convocatoria anual, unhas xornadas de estudo centradas na comarca da Terra de Melide. A convocatoria nacía coa pretensión de ser exemplificadora a respecto de como os educadores e educadoras podemos aproveitar os recursos didácticos que nos ofrece o medio, sexa cal sexa o punto de Galicia no que desenvolvamos o noso traballo. As tres primeiras edicións das Xornadas “Ciencia e Territorio” estiveron centradas na Xeoloxía, na Xeomorfoloxía e na Botánica, respectivamente.

Unha pretendida –e talvez imposible- orde lóxica na presentación dos diferentes ámbitos de estudo da comarca, aconsellou na presente edición dar un salto desde aqueles aspectos máis directamente relacionados co medio natural, a aqueles outros onde a pegada do ser humano é evidente. Esta toma de decisións veu dada tamén polo feito de que a Terra de Melide é unha das comarcas galegas máis e mellor estudadas desde a perspectiva arqueolóxica, en diferentes momentos, con diferentes épocas históricas como obxectivo de análise, e mesmo por diferentes escolas de investigadores/as.

Obxectivos

1. Exemplificar estratexias de integración do ensino no territorio.

2. Profundar nos coñecementos sobre os xacementos arqueolóxicos, para despois tentar transmitir os coñecementos e experiencias adquiridos ao alumnado.

3. Ser quen de identificar as características esenciais dos distintos tipos de xacementos arqueolóxicos.

4. Adestrarse no traballo de campo desde a perspectiva arqueolóxica para lograr transmitir as técnicas máis elementais do mesmo ao alumnado.

5. Encontrar a lóxica correlación entre as principais características dos poboamentos e o medio natural no que se insiren.

6. Inserir o específico traballo –didáctico e de investigación- no campo da Arqueoloxía, no conxunto de oportunidades educativas –ambientais, sociais, históricas, culturais...- que nos ofrece o medio.



Documentación
Urbanismo castrexo no NO peninsular
A Arqueoloxía no currículo
Áreas de acumulación
Aldeas
Túmulos
Cazadores
Poboamento
Patrimonio arqueolóxico e sociedade

Galería de imaxes

Seleccione unha categoría na lista desplegable para amosar as súas imaxes.

Ficha técnica
Título da actividade:
IV Xornadas Ciencia e Territorio. A Arqueoloxía.

Datas de celebración:
11, 12 e 13 de setembro do 2006

Lugar de celebración:
Salón de Actos da Biblioteca Municipal de Melide.
Traballo de campo na comarca da Terra de Melide e no Castro de Viladonga (Castro de Rei – Lugo).

Destinatarios/as:

Profesorado de Ensino Secundario do ámbito das Ciencias Sociais.
Profesorado de Ensino Secundario do ámbito das Ciencias Naturais.
Profesorado de Ensino Primario e Secundario en xeral.


Nº máximo de participantes:
50, por rigorosa orde de inscrición.

Nº de horas:
24 (homologación da Consellería de Educación en trámite)

Cotas de inscrición:
Ordinaria: 60 €
Socios/as de NEG, parados/as e estudantes: 30 €

Forma de pagamento:
Entrega ou transferencia bancaria á conta de NEG en Banesto 0030 – 6149 – 15 – 0298019273

Inscrición:
Achega do boletín de inscrición xunto co xustificante do pagamento á sede de NEG





Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com