|
 | A Actividade |  |
 | Secretaría |  |
 | Prensa |  |
|
 | CAMBIO NO LUGAR DE CELEBRACIÓN DO CICLO |  |
Cambio no lugar de celebración do II Ciclo de Cine e Historia: "A historia que vivimos".
Polo grande número de persoas interesadas en asistir, o II Ciclo de Cine e Historia: “A historia que vivimos”, cambia o seu lugar de celebración. NON se realizará no Centro Sociocultural do Ensanche, como estaba previsto. Terá lugar no SALÓN DE ACTOS DA FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS de Santiago, no Campus Sur (Avda. Dr. Ángel Echeverri, s/n), preto das Facultades de Dereito e de Farmacia, e preto tamén do Centro de Orientación e Información ao Estudante (COIE). O programa do ciclo mantense segundo estaba previsto. Nova Escola Galega e a Asociación Cultural "Sine Nomine", como entidades organizadoras, préganlles aos asistentes que saiban desculpar esta modificación.
|
|
 | Presentación |  |
Xustificación da actividade: A Asociación Cultural Sine Nómine está formada por profesorado fundamentalmente de Xeografía e Historia e Ciencias Sociais de ensino secundario e universitario, que se sente preocupado pola historia do presente e por como esta historia pode ser explicada nas aulas desde unha perspectiva crítica. Na actualidade non hai que esquecer o revisionismo histórico que nos invade e a utilización política que se fai da mesma. Desde esta perspectiva está na intención do colectivo axudar e dar ao profesorado ferramentas de traballo para que nas aulas se incorporen tanto o cine documental como unha aprendizaxe dinámica e aberta ao diálogo cos rapaces e rapazas, polo que os documentais escollidos tratan sempre dunha problemática candente, actual e que promove unha mirada crítica á historia que nos ocupa. Engadiuse a cada documental unha conferencia de persoas expertas na materia nun intento de abrir horizontes de pensamento, discusión e reflexión, imprescindibles para que o profesorado poida apoiarse en argumentos sólidos á hora de traballar o tema na clase. De cara ao alumnado tamén se entregará durante o desenvolvemento do Ciclo material didáctico que facilite a preparación do traballo de aula. Obxectivos previstos:
- Poñer de manifesto a importancia de introducir nos currícula os problemas do mundo actual.
- Concienciar ao profesorado da necesidade de transmitir nas aulas valores como a solidariedade, a tolerancia, etc.
- Sensibilizar aos asistentes da posibilidade do uso do cine como material de traballo na aula.
- Dotar ao profesorado de materiais concretos relacionados co currículo da materia de Historia Contemporánea.
- Actualizar coñecementos e presentar un estado da cuestión dende o punto de vista historiográfico sobre algúns aspectos do currículo da materia de Historia Contemporánea.
- Facilitar o encontro entre o profesorado de primaria e secundaria e as persoas que traballan no mundo da realización de documentais.
- Influír nos asistentes para mobilizar as ideas e espertar o espírito crítico diante de problemas que por seren coñecidos, moitas veces non reflexionamos sobre eles.
|
|
 | Documentación |  |
 | Galería de imaxes |  |
Seleccione unha categoría na lista desplegable para amosar as súas imaxes.
|
|
|
|
|
 | A Asociación Cultural Sine Nomine |  |
 | Ficha técnica |  |
ACTIVIDADE COORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN CULTURAL SINE NOMINE E POR NOVA ESCOLA GALEGA
Título da actividade: II Ciclo de Cine e Historia: "A historia que vivimos"
Datas de celebración: 18 e 25 de xaneiro; 1, 8 e 15 de febreiro de 2007
Lugar de celebración: SALÓN DE ACTOS DA FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS, Campus Sur (Avda. Dr. Ángel Echeverri, s/n). Santiago de Compostela
Destinatarios/as: Profesorado de Ensino Secundario do ámbito das Ciencias Sociais. Profesorado de Ensino Primario e Secundario en xeral. Profesorado dos distintos niveis educativos e outros profesionais da educación.
Nº máximo de participantes: 40 - 50, por rigorosa orde de inscrición.
Nº de horas: 21 (homologación da Consellería de Educación en trámite)
Cotas de inscrición: Ata o 12 de xaneiro de 2007 Ordinaria: 10 € Socios/as de Sine Nómine, socios/as de NEG, parados/as e estudantes: 5 €
Desde o 13 de xaneiro de 2007 Ordinaria: 15 € Socios/as de Sine Nómine, socios/as de NEG, parados/as e estudantes: 10 €
Forma de pagamento: Entrega ou transferencia bancaria á conta de NEG en Banesto 0030 – 6149 – 15 – 0298019273
Inscrición: Achega do boletín de inscrición xunto co xustificante do pagamento á sede de NEG
|
|
|
|