|
 | A Actividade |  |
 | Secretaría |  |
 | Prensa |  |
| El Ideal Gallego, 15 xullo 2007 |
| Tierras de Santiago, 10 xullo 2007 |
| La Voz de Galicia, 7 xullo 2007 |
| El Ideal Gallego, 7 xullo 2007 |
| Cerne, xullo 2007 |
| Lingua de amor, 20 xuño 2007 |
| Xeración web, 19 xuño 2007 |
| Axenda cultural AELG |
| El País, 22 xuño 2007 |
| Boletín Informativo Consellería de Educación, 22 xuño 2007 |
| culturagalega.org, 20 xuño 2007 |
| El Correo Gallego, 20 xuño 2007 |
| La Voz de Galicia, 20 xuño 2007 |
| El Correo Gallego, 9 xuño 2007 |
| Tierras de Santiago, 5 xuño 2007 |
| La Voz de Galicia, 15 maio 2007 |
|
|
 | Presentación |  |
Xustificación da actividade:
Contar unha historia. Escoitar unha historia. Velaquí dúas maneiras de gozar a través da palabra. A narración oral é sempre un acto no que se mesturan pracer e xenerosidade. Porque, para que xorda a emoción, quen conta debe poñer a súa arte e sabedoría ao servizo do auditorio, e quen escoita deberá entregarse sen reservas. Se así sucede, todos, todas, narradores e oíntes, acadarán igual sentimento de gozo mentres a narración discorre. E cal é a natureza profunda dese pracer? Quen sabe, talvez resida na intuición de que se está a asistir a un momento irrepetible: por máis que a historia volva ser contada xa non será a mesma, como o río aquel. En realidade, pouco importan agora as razóns profundas. Do que se trata é de convocar a contadores e escoitadores, contadoras e escoitadoras, para convidalos, para convidalas, a ofrecérense mutua e xenerosamente na I Festa de Narración Oral de O Pino. Ofrecerse e gozar.
O concello de O Pino, sé da Festa, é un dos mellores marcos posibles para esta celebración anual da palabra. Recentemente inaugurada, a Casa da Cultura municipal resulta un lugar idóneo para albergar boa parte das actividades que conforman o programa. Doutra banda, O Pino é un enclave de extraordinaria importancia dentro do Camiño de Santiago, e a relación entre estas dúas tradicións, Camiño e narración oral, é algo máis que evidente. Ademais, como outros concellos en expansión, O Pino precisa de eventos integradores, de espazos culturais que faciliten a vertebración harmónica dunha poboación cada vez máis diversa. E este evento vai nesa dirección.
Nesta primeira edición, A Festa da Narración Oral de O Pino estará dedicada a lembrar unha das fórmulas orais máis características da nosa tradición: o sucedido ou sucedo. En palabras de Xabier P. Docampo, “o sucedido non consiste na simple narración de sucesos ou anécdotas, senón de algo que vai moito máis aló: son historias coa estrutura dun conto de tradición oral, que sempre se narra na forma de algo acaecido na realidade”. Dinos tamén o escritor e estudoso do tema que un dos ingredientes básicos, común a todos os bos sucedidos, é o misterio: “É o elemento omnipresente, o misterio como aquilo do que a súa comprensión lle está vedada ao coñecemento humano, e que sempre nos acompañará.”
As características deste tipo de relato, que, entre outras, abre a posibilidade de titular esta edición como Sucedidos no Camiño, fano especialmente apto para inaugurar esta traxectoria que nace con vocación de reinventarse todos os anos polas mesmas datas.
Obxectivos:
1. Contribuír á xeración de espazos que faciliten gozar das narracións orais. 2. Recuperar e recrear formas tradicionais da narración oral: O sucedido. 3. Facilitar a reflexión teórica e práctica sobre a arte de contar historias. 4. Ofrecer un espazo para o intercambio de relatos relacionados co Camiño de Santiago. 5. Favorecer a vertebración e dinamización social e cultural do concello de O Pino. 6. Estimular o desenvolvemento doutros eventos no concello arredor da narración oral.
Patrocinan e colaboran:
Concello de O Pino Dirección Xeral de Turismo / SA de Xestión do Plan Xacobeo Consellería de Cultura e Deporte Deputación Provincial da Coruña Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional CPI “Camiño de Santiago” TESEC Fundación Luís Seoane
|
|
 | Galería de imaxes |  |
Seleccione unha categoría na lista desplegable para amosar as súas imaxes.
|
|
|
|
|
 | O Colectivo Tatalo |  |
 | Ficha técnica |  |
ACTIVIDADE COORGANIZADA POLO COLECTIVO TATALO E POR NOVA ESCOLA GALEGA
Título da actividade:
I FESTA DA NARRACIÓN ORAL DE O PINO: "SUCEDIDOS NO CAMIÑO" I XORNADA SOBRE A ORALIDADE PARA EDUCADORES/AS
Data de celebración: 7 de xullo de 2007
Lugar de celebración: Casa da Cultura de Arca - O Pino (A Coruña)
Destinatarios/as: Profesorado de todos os niveis do sistema educativo. Educadores/as de calquera ámbito.
Nº máximo de participantes: 50, por rigorosa orde de inscrición.
Nº de horas: 8 (homologación da Consellería de Educación en trámite)
Cotas de inscrición: Ata o 28 de xuño de 2007 Ordinaria: 15 € Membros do Colectivo Tatalo, socios/as de NEG, parados/as e estudantes: 10 €
Desde o 29 de xuño de 2007 Ordinaria: 20 € Membros do Colectivo Tatalo, socios/as de NEG, parados/as e estudantes: 15 €
Forma de pagamento: Entrega ou transferencia bancaria á conta de NEG en Banesto 0030 – 6149 – 15 – 0298019273
Inscrición: Achega do boletín de inscrición xunto co xustificante do pagamento á sede de NEG
|
|
 | Camiseta conmemorativa |  |
|
|