Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2007 As migracións nas sociedades contemporáneas: Os desafíos na Galicia actual 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
Programa
Ficha de inscrición

Conclusións
Accede á información completa sobre o desenvolvemento do curso clicando aquí
(máis información)

Presentación

Obxectivos

  1. Achegar ao profesorado unha perspectiva actualizada das investigacións recentes sobre as migracións contemporáneas.
  2. Fomentar a competencia epistemológica e metodolóxica do profesorado para aplicar na súa práctica docente na aula e no contorno escolar as investigacións de microescala sobre temáticas específicas da materia e transversais, como establece a Lei Orgánica de Educación.
  3. Fomentar as actitudes de tolerancia, respecto e interese pola identidade étnica e cultural das persoas inmigrantes, consorte aos principios da Educación para a Cidadanía da LOE.
  4. Propiciar o intercambio de experiencias e coñecementos de profesionais do ensino e doutros ámbitos que acheguen respostas ao desafío das migracións para a escola e para a sociedade galega actual.

 



Documentación
Conferencia de Liliana Da Orden sobre a recuperación da experiencia da emigración galega na Arxentina

Ficha técnica
ACTIVIDADE COORGANIZADA POR NOVA ESCOLA GALEGA E A UNIVERSIDADE DE VIGO

Título da actividade:
As migracións nas sociedades contemporáneas: Os desafíos na Galicia actual

Datas de celebración:
9, 10, 11, 12 e 13 de xullo de 2007

Lugar de celebración:
Auditorio Municipal de Caldas de Reis (Pontevedra).

Destinatarios/as: Profesorado de Educación Primaria, ESO e Bacharelato (preferentemente das disciplinas de Lingua Galega e Literatura, Ciencias Sociais, Xeografía e Historia e Ciencias da Educación).

Nº de horas:
30 (homologación da Consellería de Educación en trámite)

Cotas de inscrición:
Ordinaria: 40 €
Socios/as de NEG: 30 €

Forma de pagamento:
Entrega ou transferencia bancaria á conta da actividade en Caixanova.Inscrición: Achega do boletín de inscrición xunto co xustificante do pagamento a:
Secretaría de Extensión Universitaria da Unversidade de Vigo
Edificio Miralles. Campus de Vigo.
36310 VIGO




Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com