|
 | A Actividade |  |
 | Secretaría |  |
|
 | Pechada a matrícula |  |
NON QUEDAN PRAZAS NO III CICLO DE CINE E HISTORIA
As 120 prazas previstas para o III Ciclo de Cine e Historia foron xa cubertas. O aforo do local, e mesmo o sentido xenérico da actividade, desaconsellan a admisión de máis persoas das previstas inicialmente.
Por esta mesma razón a asistencia na sala queda reservada ás persoas matriculadas, non sendo posible que persoas alleas á actividade estean presentes, ben na proxección dalgunha das películas, ben nas conferencias, ben nos debates.
|
|
 | Presentación |  |
Xustificación da actividade:
A Asociación Cultural Sine Nómine está formada por profesorado fundamentalmente de Xeografía e Historia e Ciencias Sociais de ensino secundario e universitario, que se sente preocupado pola historia do presente e por como esta historia pode ser explicada nas aulas desde unha perspectiva crítica. Na actualidade non hai que esquecer o revisionismo histórico que nos invade e a utilización política que se fai da mesma.
Desde esta perspectiva está na intención do colectivo axudar e dar ao profesorado ferramentas de traballo para que nas aulas se incorporen tanto o cine documental como unha aprendizaxe dinámica e aberta ao diálogo cos rapaces e rapazas, polo que os documentais escollidos tratan sempre dunha problemática candente, actual e que promove unha mirada crítica á historia que nos ocupa.
Engadiuse a cada documental unha conferencia de persoas expertas na materia nun intento de abrir horizontes de pensamento, discusión e reflexión, imprescindibles para que o profesorado poida apoiarse en argumentos sólidos á hora de traballar o tema na clase.
De cara ao alumnado tamén se entregará durante o desenvolvemento do Ciclo material didáctico que facilite a preparación do traballo de aula.
Obxectivos previstos:
- Poñer de manifesto a importancia de introducir nos currícula os problemas do mundo actual.
- Concienciar ao profesorado da necesidade de transmitir nas aulas valores como a solidariedade, a tolerancia, etc.
- Sensibilizar aos asistentes da posibilidade do uso do cine como material de traballo na aula.
- Dotar ao profesorado de materiais concretos relacionados co currículo da materia de Historia Contemporánea.
- Actualizar coñecementos e presentar un estado da cuestión dende o punto de vista historiográfico sobre algúns aspectos do currículo da materia de Historia Contemporánea.
- Facilitar o encontro entre o profesorado de primaria e secundaria e as persoas que traballan no mundo da realización de documentais.
- Influír nos asistentes para mobilizar as ideas e espertar o espírito crítico diante de problemas que por seren coñecidos, moitas veces non reflexionamos sobre eles.
|
|
 | Documentación |  |
 | Galería de imaxes |  |
Seleccione unha categoría na lista desplegable para amosar as súas imaxes.
|
|
|
|
|
 | A Asociación Cultural Sine Nomine |  |
 | Ficha técnica |  |
ACTIVIDADE COORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN CULTURAL SINE NOMINE E POR NOVA ESCOLA GALEGA
Título da actividade: III Ciclo de Cine e Historia: "A guerra continúa"
Datas de celebración: 17, 24 e 31 de xaneiro; 7, e 14 de febreiro de 2008 Lugar de celebración: SALÓN DE ACTOS DA FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS, Campus Sur (Avda. Dr. Ángel Echeverri, s/n). Santiago de Compostela
Destinatarios/as: Profesorado de Ensino Secundario do ámbito das Ciencias Sociais. Profesorado de Ensino Primario e Secundario en xeral. Profesorado dos distintos niveis educativos e outros profesionais da educación.
Nº máximo de participantes: 120, por rigorosa orde de inscrición.
Nº de horas: 21 (homologación da Consellería de Educación en trámite)
Cotas de inscrición: Ata o 13 de xaneiro de 2008 Ordinaria: 10 € Socios/as de Sine Nómine, socios/as de NEG, parados/as e estudantes: 5 €
Desde o 14 de xaneiro de 2008 Ordinaria: 15 € Socios/as de Sine Nómine, socios/as de NEG, parados/as e estudantes: 10 €
Forma de pagamento: Entrega ou transferencia bancaria á conta de NEG en Banesto 0030 – 6149 – 15 – 0298019273
Inscrición: Achega do boletín de inscrición xunto co xustificante do pagamento á sede de NEG
|
|
|
|