|
 | A Actividade |  |
 | Secretaría |  |
 | Prensa |  |
| Terras de Santiago, 23 setembro |
| La Voz de Galicia, 11 de setembro |
| Terras de Santiago, 29 xullo |
| Correo, 6 xullo |
| Correo, 5 xullo |
| La Voz de Galicia, 5 xullo |
| Galicia Hoxe, 5 xullo |
| Comunicado de prensa núm. 1 |
| La Voz de Galicia, 2 xullo |
| Correo, 2 xullo |
| Correo, 1 xullo |
| Terras de Santiago, 24 xuño |
| Faro, 19 xuño |
| Boletín de divulgación núm. 2 |
| Boletín de divulgación núm. 1 |
| La Voz de Galicia, 12 xuño |
| Boletín Informativo da Consellería de Educación, 5 xuño |
|
 | Camiseta conmemorativa |  |
|
 | Presentación |  |
Contar unha historia. Escoitar unha historia. Velaquí dúas maneiras de gozar a través da palabra. A narración oral é sempre un acto no que se mesturan pracer e xenerosidade. Porque, para que xorda a emoción, quen conta debe poñer a súa arte e sabedoría ao servizo do auditorio, e quen escoita deberá entregarse sen reservas. Se así sucede, todos, todas, narradores e oíntes, acadarán igual sentimento de gozo mentres a narración discorre.
E cal é a natureza profunda dese pracer? Quen sabe, talvez resida na intuición de que se está a asistir a un momento irrepetible: por máis que a historia volva ser contada xa non será a mesma, como o río aquel. En realidade, pouco importan agora as razóns profundas. Do que se trata é de convocar a contadores e escoitadores, contadoras e escoitadoras, para convidalos, para convidalas, a ofrecérense mutua e xenerosamente na II Festa de Narración Oral de Galiza. Ofrecerse e gozar.
O concello de O Pino, sé da Festa, é un dos mellores marcos posibles para esta celebración anual da palabra. Recentemente inaugurada, a Casa da Cultura municipal resulta un lugar idóneo para albergar boa parte das actividades que conforman o programa. Doutra banda, O Pino é un enclave de extraordinaria importancia dentro do Camiño de Santiago, e a relación entre estas dúas tradicións, Camiño e narración oral, é algo máis que evidente. Ademais, como outros concellos en expansión, O Pino precisa de eventos integradores, de espazos culturais que faciliten a vertebración harmónica dunha poboación cada vez máis diversa. E este evento vai nesa dirección.
A escola como xeradora de coñecemento, que toma da contorna elementos para a construción da aprendizaxe, ten na tradición oral unha gran fonte de coñecemento, historia e goce. Constitúe, ademais, unha oportunidade única para ser punto de partida de actividades e experiencias de expresión. Móstrase así como un espazo idóneo na tarefa de desenvolver sistemática e naturalmente a lingua falada, consciente e responsable de que, sendo esta a primeira que utiliza o individuo na configuración do seu pensamento, na organización do seu saber e na súa imaxinación, é preciso desenvolver unha didáctica específica da expresión oral.
A escola, que traballa coa linguaxe como medio de comunicación social pero tamén instrumento privilexiado para ordenar a información e o pensamento, debe favorecer o proceso, enriquecer a competencia do alumnado na produción, escoita e creación lingüística, consciente de que o dominio da lingua oral constitúe unha necesidade, ademais, para acceder á aprendizaxe do resto das materias do currículo. Paralelamente, este desenvolvemento de competencias comunicativas, responderá á necesidade lúdica, tamén no campo lingüístico, dos nenos e nenas, aproveitando a súa capacidade globalizadora, creativa e fantástica para a inmersión no mundo literario, para proporcionarlles canles e solucións ás súas necesidades proxectivas e catárticas, para a liberación de tensións e problemas con unha das realidades máis enraizadas nel@s e no seu medio como é a lingua.
A maxia dos contos orais, tomados da tradición popular ou creados para a ocasión, o goce coa escoita, o pracer da creación de historias, promovendo a máxima implicación persoal con textos vivos, suxestivos e creativos deben estar presentes no quefacer diario das aulas tamén como fonte de coñecemento e integración no medio cultural e social e traballo nas competencias socioemocionais d@s nos@s alumn@s. Dúas maneiras de intercambio e oportunidade para o desenvolvemento de capacidades. Dúas maneiras de gozar a través da palabra. Contar e escoitar historias.
Obxectivos 1. Contribuír á xeración de espazos que faciliten gozar das narracións orais. 2. Recuperar e recrear formas tradicionais da narración oral. 3. Ofrecer un espazo para o intercambio de relatos relacionados co Camiño de Santiago. 4. Favorecer a vertebración e dinamización social e cultural do concello de O Pino. 5. Estimular o desenvolvemento doutros eventos no concello arredor da narración oral. 6. Facilitar a reflexión teórica e práctica na arte de crear e contar historias. 7. Coñecer, recuperar e recrear formas tradicionais da narración oral. 8. Desenvolver recursos para a aprendizaxe creativa da lingua oral. 9. Favorecer o deseño de ambientes e propostas estimuladoras a partir do coñecemento de recursos motivadores que animen e predispoñan á expresión espontánea e creativa do alumnado. 10. Contribuír á xeración de espazos e tempos na escola que faciliten gozar da escoita e creación de narracións orais.
|
|
 | Documentación |  |
|
|
 | O Colectivo Tatalo |  |
 | Ficha técnica |  |
ACTIVIDADE COORGANIZADA POLO COLECTIVO TATALO E POR NOVA ESCOLA GALEGA
Título da actividade: II FESTA DA NARRACIÓN ORAL DE GALIZA
II XORNADA SOBRE A ORALIDADE PARA EDUCADORES/AS
Data de celebración: 5 de xullo de 2008
Lugar de celebración: Centro Sociocultural Luís Seoane de Arca - O Pino (A Coruña)
Destinatarios/as: Profesorado de todos os niveis do sistema educativo. Educadores/as de calquera ámbito.
Nº máximo de participantes: 80, por rigorosa orde de inscrición.
Nº de horas: 8 (homologación da Consellería de Educación en trámite)
Cotas de inscrición: Ata o 27 de xuño de 2008 Ordinaria: 15 € Membros do Colectivo Tatalo, socios/as de NEG, parados/as e estudantes: 10 €
Desde o 28 de xuño de 2008 Ordinaria: 20 € Membros do Colectivo Tatalo, socios/as de NEG, parados/as e estudantes: 15 €
Forma de pagamento: Entrega ou transferencia bancaria á conta do Colectivo Tatalo en Caixa Galicia 2091 – 0337 – 87 – 3040006345
Inscrición: Achega do boletín de inscrición xunto co xustificante do pagamento á sede de NEG
|
|
|
|