|
 | A Actividade |  |
 | Secretaría |  |
|
 | Pechada a matrícula |  |
Xa non quedan prazas libres
Todas as prazas ofertadas para a actividade foron xa cubertas. Nova Escola Galega agradece sinceramente o interese posto de manifesto por todas as persoas que cumprimentaron a súa matrícula, pero tamén por aquelas que, pretendendo asistir ao Seminario-Obradoiro, non foron admitidas por chegar tarde a súa solicitude.
|
|
 | Presentación |  |
Este seminario ten unha intencionalidade práctica, na que buscamos proporcionar ao profesorado criterios que lle axuden a seleccionar e avaliar os recursos educativos tanto en soporte impreso e dixital.
A actividade ofrece aos profesores diferentes propostas e modelos de avaliación que lles axuden a analizar e seleccionar os diferentes tipos de materiais (libros de texto, guías didácticas, Cds, Webs, videoxogos, etc.). As diferentes propostas de avaliación deste seminario axudarán a analizar os diferentes materiais didácticos dos que dispoñemos nos centros educativos dende diferentes perspectivas e ámbitos.
A avaliación dos materiais didácticos axudaranos a seleccionar e elaborar materiais máis coherentes cun modelo e proxecto de escola. Así mesmo, serviranos para axudar a facer un uso máis coherente e crítico dos materiais en relación cos proxectos educativos e curriculares de centro. A avaliación axudaranos tamén a repensar o significado dos materiais didácticos nos diferentes momentos do curso e coñecer cales son as consecuencias que se derivan na práctica do uso que se realice dos mesmos.
Obxectivos - Comprender a utilidade de avaliar os materiais didácticos. - Favorecer a toma de decisións ao redor de materiais curriculares no contexto escolar dun xeito crítico e construtivo. - Identificar as diferentes modalidades de guías e modelos de avaliación de recursos tanto en soporte impreso e dixital. - Analizar e revisar as guías e modelos de avaliación dos que poden dispoñer os profesores/as de utilidade práctica na toma de decisións. - Aprender a utilizar as propostas de avaliación de materiais con diferentes características (CDs, Libros de Texto, páxs webs, vídeos, DVDs..). - Analizar colaborativamente os recursos didácticos.
Metodoloxía AS SESIÓNS TEÓRICAS A conferencia, o relatorio e a mesa redonda, servirán para axudarnos a situar a cuestión da avaliación no conxunto das tomas de decisións que poidamos adoptar en relación cos recursos.
OS OBRADOIROS Con estas sesións baseadas nunha metodoloxía activa, preténdese que o asistente teña a posibilidade de iniciarse no desenvolvemento práctico da avaliación sistemática dos materiais e recursos cos que conta para a súa actividade profesional diaria. O asistente terá a oportunidade de participar en dous obradoiros. En liñas xerais a estrutura dos obradoiros en cada unha das modalidades será a seguinte: Cada coordinador presentará modelos de avaliación cos que se conta para poder avaliar materiais aos que fai referencia, posteriormente realizará un achegamento detallado a unha das guías clarificando a súa estrutura, xeito de uso e funcionalidade. A continuación procederase a un desenvolvemento práctico co conxunto dos asistentes. Rematada esta sesión teórico-práctica procederase a unha posta en común (mesa redonda) dos resultados atopados, froito da análise dos materiais, e procederase a reflexionar sobre o que supuxo o proceso de avaliación dos recursos achegados polos asistentes.
RESERVA E INSCRICIÓN NOS OBRADOIROS Cada persoa inscrita no seminario ten dereito a asistir a 2 obradoiros, podendo manifestar na inscrición a súa preferencia. De non facer a súa elección asignaráselle dous obradoiros de oficio entre os que teñan prazas libres. A distribución nos obradoiros, farase por estrita orde de chegada das solicitudes.
|
|
|
|
 | Ficha técnica |  |
ACTIVIDADE COORGANIZADA POLO GRUPO DE TRABALLO CAVILA, DE NOVA ESCOLA GALEGA, E POLO DEPARTAMENTO DE DIDÁCTICA E ORGANIZACIÓN ESCOLAR DA USC
Título da actividade:
I Seminario-Obradoiro: "A avaliación dos materiais didácticos en soporte impreso e dixital"
Datas de celebración:
19 e 20 de febreiro de 2010
Lugar de celebración:
Facultade de Ciencias da Educación (Campus Sur) - Santiago de Compostela
Destinatarios/as:
Persoal docente do ensino público e concertado, e en paro.
Nº máximo de participantes:
40, por rigorosa orde de inscrición.
Nº de horas:
12 h. (homologación da Consellería de Educación en trámite).
Cotas de inscrición:
Ordinaria: 45 €
Socios/as de NEG e parados/as: 35 €
Forma de pagamento:
Transferencia bancaria á conta de NEG en Caixa Galicia 2091-0300-45-3040089500
Inscrición:
Achega do boletín de inscrición xunto co xustificante do pagamento á sede nacional de NEG.
Prazo de inscrición:
Ata o 12 de febreiro de 2010
|
|
|
|