|
 | A Actividade |  |
 | ACTAS DO CONGRESO |  |
 | Secretaría |  |
|
 | Aviso para as persoas que queiran facer uso do albergue no Bierzo, así como para as desempregadas |  |
Aviso importante
As persoas que opten por facer uso do albergue no Bierzo, así como aquelas outras que desexen ocupar prazas no Congreso reservadas para desempregados/as, deben preinscribirse no correo electrónico xcid@uvigo.es
|
|
 | Conclusións |  |
 | Presentación |  |
Xustificación Despois dos congresos sobre patrimonio inmaterial, organizados polo Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo da Deputación Provincial de Ourense, no ano 2003, - e polo mesmo Centro en colaboración coa Facultade de Ciencias da Educación e coa Asociación Nova Escola Galega, en 2007 e 2009, coa publicación das actas correspondentes, - pretendemos dar continuidade a este evento, coa participación destas e outras institucións implicadas na temática proposta. Co obxecto de que o Congreso teña unha proxección internacional, contamos nesta edición coa inestimable colaboración da Sociedade Iberoamericana de Pedagogía Social.
Dado o interese do tema para o profesorado, contamos tamén coa colaboración da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e como institución sempre aberta á cultura na cidade de Ourense, colabora o Ateneo Ourensán. A Xerencia do Xacobeo é un parceiro imprescindible para abordar o tema proposto nesta cuarta edición.
A consolidación dunha cita anual para analizar aspectos do patrimonio etnográfico é un paso importante na formación de educadores/as e futuros/as educadores/as, esperando contribuír ao coñecemento e posta en valor do patrimonio cos correspondentes cambios nos currículos e nas prácticas educativas. Pretendemos pois afondar no coñecemento do patrimonio inmaterial e presentar novas prácticas para a súa difusión e inmersión nos programas educativos. Para isto, o programa conta cun tema monográfico con certa concreción como é o Camiño de Santiago, procurando integrar no estudo do mesmo, tanto a voz dos portadores, como as análises de especialistas tanto en Galicia como nas comarcas próximas, e outros centros de investigación europeos. Convidamos ademais a que se presenten experiencias educativas e comunitarias, ou relatorios monográficos que os participantes elaboren sobre os aspectos que están a investigar. O curso preséntase deste xeito como un foro de debate e participación, do que se podan extraer conclusións para a posta en práctica de novos xeitos de coñecer, recuperar, valorar e transmitir o patrimonio común.
Obxectivos
- Fomentar no Profesorado e Educadores o afán polo coñecemento da cultura propia.
- Coñecer as boas prácticas do Patrimonio para transmitir ao alumnado.
- Fomentar o coñecemento, respecto e utilidade educativa do patrimonio cultural galego.
- Motivar cara a recuperación da cultura popular galega.
- Dar a coñecer importantes recursos educativos da comunidade para levar a cabo unha educación patrimonial.
- Fomentar o traballo investigador da realidade do patrimonio etnográfico galego e a súa proxección internacional.
Se queres acceder á información sobre a edición anterior, clica aquí
(máis información)
|
|
 | Organización e normas para o envío de relatorios |  |
Comité organizador Xosé Manuel Cid Fernández Xulio Fernández Senra Mariló Fernández Senra Xosé Antón Fidalgo Santamariña Fátima Braña Rey Rosi Vicente Alvarez Rita Gradaílle Pernas
Comité Científico Fátima Braña Rey José Antonio Caride Gómez Xosé Antón Fidalgo Santamariña Marcial Gondar Portasany Mercedes Durany Castrillo María Victoria Carballo-Calero José Ortega Esteban Americo Nunes Peres Martí March i Cerdá Héctor Pose Porto Antonio Tiza Xavier Úcar Martínez
NORMAS PARA O ENVIO DE RELATORIOS 1. Encabezado: Deberán figurar os seguintes datos: título, apelidos e nome do/a autor/a, centro de traballo. A continuación un resumo cunha extensión aproximada de 150 palabras. 2. Extensión: 10 páxinas. 3. Tamaño e tipo de letra: Times New Roman 12 para o corpo do texto e Times New Roman 10 para as notas a rodapé. Espazado de 1.5. 4. Notas: Pór antes de punto e seguido (ex: 1.) e, preferiblemente, no final do parágrafo (ex: .2). 5. Citación: Ao xeito usual nas Ciencias Sociais: Apelidos, ano: páx.-páxinas (ex: Villares, 1992: 350; Barreiro Fernández, 1997: 420-421) no propio texto, deixando as notas a rodapé para citas documentais e textuais, reflexións críticas, etc. 6. Bibliografía final: Conformarase un único listado ao final do volume, citada do xeito que segue: Apelidos, Inicial do nome, ano de publicación (entre paréntese), título (en cursiva para monografías, entre aspas para artigos), lugar de edición, editorial, páxinas (inicial e derradeira no caso de artigos en revistas ou obras colectivas). Ex.: Orden, Mª. L. da (2005), Inmigración española, familia y movilidad social en la Argentina Moderna. Una mirada desde Mar del Plata. Buenos Aires, Ed. Biblos. - (2001), “La inmigración gallega en Mar del Plata: trabajo, movilidad y relaciones personales, 1895-1930", en X. M. Núñez Seixas, comp., La Galicia Austral. La inmigración gallega en la Argentina. Buenos Aires, Ed. Biblos. 7. Lingua: Aceptaranse todos os relatorios na lingua orixinal que elixa o autor, comprometéndose o mesmo a facilitar unha tradución para o libro de actas. 8. Seccións Temáticas: 1.- Os camiños de Santiago: administración e conservación. 2.- Facer os camiños: a perspectiva dos peregrinos 3.- Configurar os camiños: institucións vinculadas 4.- As historias dos camiños: Lendas e tradicións, as fontes históricas e documentais 9. Prazo: Para que poidan publicarse os relatorios no libro de actas, deben enviarse os resumos denantes do 12 de febreiro, e o texto completo durante o congreso. 10. Envío: As propostas de relatorios poderán enviarse por correo electrónico (xcid@uvigo.es) ou por carta ao seguinte enderezo: IV CONGRESO GALEGO DE PATRIMONIO ETNOGRÁFICO (Iº INTERNACIONAL) Facultade de Ciencias da Educación, Avda. Castelao s/n, Ourense, CP 32004. Neste caso deberase acompañar o texto en papel cun CD coa mesma información.
|
|
|
|
 | Ficha técnica |  |
Actividade coorganizada coa Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo, co Centro de Cultura Popular "Xaquín Lorenzo" da Deputación de Ourense e coa Sociedade Iberoamericana de Pedagogía Social.
Título da actividade: IV CONGRESO DE PATRIMONIO ETNOGRÁFICO (I INTERNACIONAL). OS CAMIÑOS DE SANTIAGO: MIRADAS E EXPERIENCIAS
Datas de celebración: 25, 26, 27 e 28 de febreiro, e 1 de marzo de 2010
Lugar de celebración: OURENSE Facultade de Ciencias da Educación
Horas de formación: - Modalidade A (só teórico): 16 horas por parte da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. - Modalidade B (teórico e práctico): 24 horas (só 16 horas a efectos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria).
Cotas de inscrición: Xeral: - Modalidade A: 20 €. - Modalidade B: 60 € (debe confirmarse que existen prazas e xcid@uvigo.es). Inclúe gastos de desprazamento, aloxamento e comidas.
Reducida (para desempregados/as e socios/as das entidades organizadoras; debe confirmarse tamén que existen prazas e xcid@uvigo.es): - Modalidade A: 10 €. - Modalidade B: 35 €. Inclúe gastos de desprazamento, aloxamento e comidas.
Forma de pagamento: Conta de Caixa Galicia núm. 2091-0300-45-3040089500. Concepto: "IV Congreso de patrimonio" (Indicar nome e apelidos)
Inscrición: Achega do boletín de inscrición, xunto co xustificante de pagamento á Secretaría Técnica, no enderezo seguinte: Facultade de Ciencias da Educación (Conserxería). Avda. Castelao, s/n. 32004 Ourense. Tamén pode realizarse por fax ao núm. 988 387 159.
Número de prazas: - Modalidade A: 150. - Modalidade B: 50. Admisión por rigorosa orde de inscrición.
|
|
|
|