Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2011 V Encontro de debate sobre o medio rural 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
Programa
Boletín de inscrición

Prensa
Cartafol, 15 marzo

Presentación
Nesta quinta edición preténdese seguir afondando nalgunhas temáticas que inciden directamente no proceso de cambio que afecta ao medio rural desde hai xa varias décadas. Así, pulsarase a situación actual do medio rural galego, considerando diferentes indicadores e a súa repercusión na calidade de vida das persoas. Igualmente, debaterase sobre o sentido da educación neste contexto, poñendo o foco na análise crítica da ausencia da cultura popular nos proxectos educativos desenvolvidos en moitas das nosas escolas.

En liña coas conclusións aprobadas nos catro Encontros anteriores, serán presentadas as propostas e accións dos colectivos e organizacións comprometidos coa defensa da educación no rural, e dedicarase un espazo para a presentación de experiencias educativas, proxectos, recursos innovadores e/ou estudos e investigacións sobre distintos aspectos relacionados co medio rural.

Co obxecto de poñer en valor o potencial educativo do medio rural, aproveitaranse didacticamente as experiencias desenvolvidas en diferentes centros de Galicia, ao tempo que se buscará a perspectiva que, sobre a realidade actual da educación no medio rural, teñen diferentes especialistas e os principais partidos políticos do arco parlamentario.

(máis información)

Ficha técnica

Título da actividade:

V Encontro de Debate sobre o Medio Rural: Por unha educación permeable á cultura popular.

Datas de celebración:

25 e 26 de febreiro do 2011

Lugar de celebración
:

Centro social "Fogar do maior" do concello de Allariz (Ourense).

Destinatarios/as:

Persoal docente do ensino público e concertado, e en paro.


Nº máximo de participantes
:

90, por rigorosa orde de inscrición.

Nº de horas
:

12 h. (homologación da Consellería de Educación en trámite).

 

Cotas de inscrición:

Ata o 31 de xaneiro
Socios/as de Nova Escola Galega: 20 €
Parados/as: 30 € (é precisa xustificación documental)
Cota Ordinaria: 40 €

A partir do 31 de xaneiro
Socios/as de Nova Escola Galega: 30 €
Parados/as: 40 € (é precisa xustificación documental)
Cota Ordinaria: 50 €


Forma de pagamento
:

Transferencia bancaria á conta de NEG en Caixa Galicia:  2091-0300-45-3040089500

Información, contacto e inscricións:

Nova Escola Galega
Rúa San Clemente, 18, baixo
15705 - Santiago de Compostela
Correo-e: neg@mundo-r.com
Web: http://www.nova-escola-galega.org





Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com