|
 | A Actividade |  |
 | Secretaría |  |
 | Prensa |  |
|
 | Un dos maquis bercianos participará no Seminario |  |
Francisco Martínez, Quico, estará presente en Melide
Francisco Martínez, Quico, un dos últimos guerrilleiros vivos, estará presente activamente no I Seminario sobre a Memoria: Os maquis na Vía Láctea, que se celebrará en Melide os próximos 26 e 27 de novembro.
Quico participou nas actividades guerrilleiras, dacabalo entre Galicia e León, desde os 17 anos, e conserva na actualidade unha lucidez e axilidade física extraordinarias que lle permiten seguir sendo unha testemuña de primeira man, absolutamente fundamental, para o coñecemento e a análise do papel dos maquis na loita contra a ditadura.
Quico, que actualmente reside en Alacant, aceptou a invitación formulada pola organización para participar activamente no desenvolvemento do Seminario, tanto na súa parte teórica como -o cal non é menos significativo- no percorrido de campo sobre o terreo no que se moveu a guerrilla na Ribeira Sacra.
Se queres acceder a unha breve referencia sobre a figura de Francisco Martínez, Quico, clica aquí
Ler máis
|
|
 | Presentación |  |
Obxectivos da actividade 1. Identificar, analizar e explicar, situándoos no tempo e no espazo, os feitos, personaxes, problemas, etapas e procesos máis significativos dos movementos maquis en Galicia. 2. Distinguir e valorar os trazos permanentes dos procesos de transformación e cambio nos diferentes períodos, analizando o nacemento e solución na realidade de hoxe. 3. Situar este proceso histórico no contexto de España, Europa e o mundo. 4. Afondar na análise de diferentes aspectos básicos da evolución histórica de Galicia. 5. Contribuír ao desenvolvemento dunha sensibilidade comprometida, responsable e activa, coa democracia e os dereitos humanos.
|
|
 | Documentación |  |
 | Galerías fotográficas |  |
|
|
 | Ficha técnica |  |
Título da actividade: I Seminario sobre a Memoria: Os maquis na Vía Láctea
Datas de celebración: 26 e 27 de novembro de 2010.
Lugar de celebración: Instalacións do IES Melide. Traballo de campo na contorna de Chantada.
Destinatarios/as: Persoal docente do ensino público e concertado, e en paro.
Número máximo de participantes: 50, por rigorosa orde de inscrición.
Nº de horas: 12 (homologación da Consellería de Educación en trámite).
Cotas de inscrición: (A matrícula inclúe os traslados en autobús e os xantares de campo).
Ata o 23 de novembro de 2010 Socios/as de Nova Escola Galega: 20 €. Parados/as: 30 € (é precisa xustificación documental). Cota ordinaria: 40 €.
Desde o 24 de novembro de 2010 Socios/as de Nova Escola Galega: 30 €. Parados/as: 40 € (é precisa xustificación documental). Cota ordinaria: 50 €.
Forma de pagamento: Ingreso ou transferencia bancaria á conta de Nova Escola Galega en CAIXA GALICIA: 2091 – 0300 – 45 – 3040089500
Inscrición: Achega do boletín de inscrición xunto co xustificante do pagamento.
|
|
|
|