|
 | A Actividade |  |
 | Secretaría |  |
 | Prensa |  |
|
 | Presentación |  |
Xustificación A convocatoria do Seminario pretende suxerirlles aos asistentes unha reflexión sobre o fenómeno da guerrilla que posibilite un mellor coñecemento do noso pasado máis recente. Tal pretensión arela provocar tamén que a actualización dos coñecementos sobre os guerrilleiros contribúa, no alumnado indirectamente beneficiario da reflexión, á comprensión do presente e á adopción dunha actitude responsable e solidaria na defensa da liberdade, sen perder nunca a consciencia de cales son os dereitos e as obrigacións de cadaquén.
Obxectivos da actividade 1. Identificar, analizar e explicar, situándoos no tempo e no espazo, os feitos, personaxes, problemas, etapas e procesos máis significativos dos movementos guerrilleiros entre Galicia e o Bierzo. 2. Distinguir e valorar os trazos permanentes dos procesos de transformación e cambio nos diferentes períodos, analizándoos desde a realidade dos nosos días. 3. Situar este proceso histórico no contexto do Estado. 4. Estudar e analizar diferentes aspectos básicos da evolución histórica de Galicia. 5. Contribuír ao desenvolvemento dunha sensibilidade comprometida, responsable e activa coa democracia e os dereitos humanos. 6. Contribuír á consolidación de actitudes e hábitos de tolerancia e solidariedade entre os diversos pobos do Estado.
Acceso á última edición celebrada:
(máis información)
|
|
 | Documentación |  |
|
|
 | Ficha técnica |  |
Título da actividade: II Seminario sobre a Memoria: Os guerrilleiros na Vía Láctea galaico-berciana
Datas de celebración: 3, 4 e 5 de xuño de 2011.
Lugar de celebración: Instalacións do IES Melide. Traballo de campo no Bierzo.
Destinatarios/as: Persoal docente do ensino público e concertado, e en paro.
Número máximo de participantes: 50, por rigorosa orde de inscrición.
Nº de horas: 20 (homologación da Consellería de Educación en trámite).
Cotas de inscrición: (A matrícula inclúe os traslados en autobús e os xantares de campo).
Ata o 27 de maio de 2011 Socios/as de Nova Escola Galega: 30 €. Parados/as: 40 € (é precisa xustificación documental). Cota ordinaria: 60 €.
Desde o 28 de maio de 2011 Socios/as de Nova Escola Galega: 40 €. Parados/as: 50 € (é precisa xustificación documental). Cota ordinaria: 70 €.
Forma de pagamento: Ingreso ou transferencia bancaria á conta de Nova Escola Galega en CAIXA GALICIA: 2091 – 0300 – 45 – 3040089500
Inscrición: Achega do boletín de inscrición xunto co xustificante do pagamento.
|
|
|
|