|
 | A Actividade |  |
 | Secretaría |  |
|
 | Presentación |  |
Fondamente preocupados e preocupadas polo debalo da educación no rural Nova Escola Galega veu desenvolvendo numerosas iniciativas ao longo do tempo para tratarmos de debater e propoñer alternativas encamiñadas á mellora da educación no ámbito rural. Nomeadamente, os cinco anteriores encontros, nos que se abordaron de maneira intensa as principais problemáticas que están incidindo de maneira determinante no desmantelamento das redes escolares rurais e no abandono das aínda existentes.
Se a este contexto lle engadimos a actual situación da educación a nivel xeral, atopamos con seguridade un futuro incerto no que, ademais, a nosa cultura e anosa lingua están perdendo un dos espazos máis salientables e auténticos do país.
Aproveitando a celebración do centenario da inauguración dunha escola de emigrantes -A Devesana (Devesos-Ortigueira)- pareceunos que sería ese un lugar idóneo para a celebración deste VI Encontro.
(máis información)
|
|
 | Documentación |  |
|
|
 | Ficha técnica |  |
FICHA TÉCNICA
Título da actividade: VI ENCONTRO DE DEBATE SOBRE O MEDIO RURAL. AS ESCOLAS DE EMIGRANTES
Datas de celebración: 23 e 24 de marzo do 2012.
Lugar de celebración: Escola "A Devesana" - Devesos - Ortigueira (A Coruña)
Destinatarios/as: Persoal docente do ensino público e concertado, e en paro.
Número máximo de participantes: 40, por rigorosa orde de inscrición.
Valoración en horas: 12 horas (en trámite a homologación por parte da Consellería de Educación e OU).
Cotas de inscrición: Ata o 2 de marzo de 2012: - Socios/as de Nova Escola Galega: 20 euros. - Parados/as: 30 euros (é precisa xustificación documental). - Cota ordinaria: 40 euros. A partir do 3 de marzo de 2012: - Socios/as de Nova Escola Galega: 30 euros. - Parados/as: 40 euros (é precisa xustificación documental). - Cota ordinaria: 50 euros.
Forma de pagamento: Transferencia bancaria á conta de Nova Galicia Banco: 2080 0300 85 3040089500
Información, contacto e inscricións: Nova Escola Galega R/ San Clemente 18, baixo. 15705. Santiago de Compostela. Telf./Fax: 981562577 neg@mundo-r.com www.nova-escola-galega.org
|
|
|
|