Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2012 I Xornadas Pedagóxicas: "A cultura popular difundida a través da escola" 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
Boletín de inscrición
Programa

Presentación
É un feito amplamente aceptado a enorme contribución que o mundo rural ten feito á cultura e á vida en xeral; non é menos certo que una parte importante desa contribución está esmorecendo progresiva e implacablemente.

Fondamente preocupados por esta desfeita e a escasa presenza e valoración que na Escola ten a cultura popular –saberes e artes tradicionais, patrimonio lúdico, literatura de tradición oral, uso e costumes populares...–organízanse estas Xornadas.

O título, A cultura popular difundida a través da escola, responde ao feito de intentar ofrecerlles aos asistentes –tomando como referente experiencias xa consolidas e vivas– ferramentas de traballo, puntos de reflexión, debate, sensibilización... sobre a necesidade de abrir a escola á cultura popular na procura dun ensino contextualizado; un ensino que teña en conta a realidade sociocultural e o medio no que se desenvolven os nenos e nenas para que o coñezan en todos os seus aspectos –xeográfico, socio-económico, etnográfico, lingüístico...–, o valoren e se sintan protagonistas afectivos do mesmo.


Ficha técnica

Xornadas organizadas en colaboración co "Museo Etnográfico da Capela" e o CEIP "Mosteiro de Caaveiro"

Título da actividade:
I XORNADAS PEDAGÓXICAS: A CULTURA POPULAR DIFUNDIDA A TRAVÉS DA ESCOLA

Datas de celebración:
27 e 28 de abril de 2012

Lugar de celebración:
A Capela (A Coruña)

Destinatarios/as:
Persoal docente do ensino público e concertado, e en paro.

Número máximo de participantes:
30, por rigorosa orde de inscrición.

Valoración en horas:
12 horas (en trámite a homologación por parte da Consellería de Educación e OU).

Cotas de inscrición:
Ata o 11 de abril de 2012:
- Socios/as de Nova Escola Galega e membros do Patronato do Museo Etnográfico da Capela: 15 euros.
- Parados/as: 20 euros (é precisa xustificación documental).
- Cota ordinaria: 25 euros.

A partir do 12 de abril de 2012:
- Socios/as de Nova Escola Galega e membros do Patronato do Museo Etnográfico da Capela: 20 euros.
- Parados/as: 25 euros (é precisa xustificación documental).
- Cota ordinaria: 30 euros.

Forma de pagamento:
Transferencia bancaria á conta de Nova Galicia Banco: 2080 0300 85 3040089500

Información, contacto e inscricións:
Nova Escola Galega
R/ San Clemente 18, baixo. 15705. Santiago de Compostela.
Telf./Fax: 981562577
neg@mundo-r.com
www.nova-escola-galega.org





Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com