Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2013 IV Seminario sobre a Memoria: Do agrarismo á guerrilla antifranquista 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
Memoria da actividade
Inscrición en liña
Ficha de inscrición
Programa

Prensa
Galicia Confidencial, 19 maio
Voz, 16 maio
Xornal Certo, maio 2013
Revista Olláparo (Cedeira), maio 2013
AGE: Archivo, Guerra y Exilio
Correo, 11 de maio
Terras de Santiago, 11 maio
Xornal Galicia, 11 maio
Comunicado de prensa núm. 1
Faro de Vigo, 17 abril

Conclusións
PRINCIPAIS CONCLUSIÓNS DO SEMINARIO

1. Valórase a actividade como un interesante exercicio de análise e comprensión dun fenómeno histórico moitas veces descoñecido e, outras, declaradamente ignorado. Non se trata xa só de que fose analizado o fenómeno da guerrilla e, colateralmente, a situación dos labregos e o seu papel durante o franquismo, senón que foi realizado un interesante exercicio humano de comprensión dunha realidade na que, en efecto, o verdadeiro protagonismo recae nas persoas.

2. No transcurso do Seminario puxéronse en valor estratexias metodolóxicas rigorosas para que as persoas que queiran achegarse a esta temática poidan facelo considerando elementos básicos que provoquen un coñecemento preciso da realidade estudada.

3. Considérase importante que no desenvolvemento do Seminario se reflexionase sobre como poder transferir todas as vivencias analizadas ás novas xeracións, transferencia esta que se considera vital de cara á consecución dun coñecemento directo e fidedigno da nosa historia máis recente.

4. Valórase como fundamental a participación de familiares directos dos represaliados, que achegaron datos e vivencias esenciais para comprendermos o fondo sentido ético e as renuncias persoais que se viron obrigados a realizar os guerrilleiros.

5. Interprétase a utilización da historia oral como método de estudo histórico enormemente produtivo, sobre todo se se complementa coa análise doutras fontes documentais para o coñecemento dos acontecementos históricos estudados.
 
6. Enténdese que o Seminario debe ter continuidade con novas edicións. Suxírese, por exemplo, o tratamento da represión na beiramar, así como o establecemento de contactos con asociacións de recuperación da memoria histórica, para solicitar a súa participación activa.

7. Desde a óptica, particularmente, dos familiares dos guerrilleiros presentes no Seminario, recoñécese o esforzo realizado coa súa convocatoria e maniféstase o desexo de que as experiencias vividas no seu desenvolvemento sirvan para provocar entre as novas xeracións un coñecemento máis profundo da realidade histórica analizada.

8. Desde a óptica estritamente educativa, igualmente, debúxase como unha liña de traballo interesante aquela que tratase de analizar a represión no ámbito educativo. Igualmente, semella atinado afondar na posibilidade de dar a coñecer experiencias didácticas levadas a cabo nas aulas para a recuperación da memoria histórica local. Desde esta perspectiva, incorporar a información directa recollida das familias do propio alumnado (testemuñas directas, fotografías, textos...) antóllase como unha estratexia didáctica con moitas posibilidades.

9. As asociacións e colectivos que se interesan pola recuperación da memoria histórica teñen centrada a súa atención especialmente en retos de ámbito xurídico (recoñecemento das vítimas, levantamentos de fosas comúns...). Derivar as súas liñas de acción tamén cara ao ámbito educativo sería fundamental, precisamente porque acabaría creándose un fío para que as novas xeracións tivesen acceso ao coñecemento duns feitos moitas veces agachados pola historiografía oficial.

10. O deseño do Seminario, combinando o traballo de campo coa análise de documentos audiovisuais e, finalmente, co saber teórico de especialistas nesta época histórica, valórase como moi intelixente, porque xustamente pretendeu integrar diferentes fontes de información e investigación sobr e o tema.


(máis información)

Presentación
Xustificación
A convocatoria do Seminario pretende suxerirlles aos asistentes una reflexión sobre o fenómeno do movemento agrario e da guerrilla antifranquista que posibilite un mellor coñecemento do noso pasado máis recente. Tal pretensión arela provocar tamén que a actualización dos coñecementos sobre o asociacionismo agrario e a guerrilla antifranquista contribúa, no alumnado indirectamente beneficiario da reflexión, á comprensión do presente e á adopción dunha actitude responsable e solidaria na defensa da liberdade, sen perder nunca a consciencia de cales son os dereitos e as obrigacións de cadaquén.

Obxectivos da actividade
1. Identificar, analizar e explicar, situándoos no tempo e no espazo, os feitos, personaxes, problemas, etapas e proceso máis significativos do agrarismo e a guerrilla en Galicia.
2. Distinguir e valorar os trazos permanentes dos procesos de transformación e cambio nos diferentes períodos, analizándoos desde a realidade dos nosos días.
3. Coñecer a historia das Hermandades Sindicales de Labradores y Ganaderos en Galicia.
4. Situar estes procesos históricos no contexto de Galicia e do Estado.
5. Estudar e analizar diferentes aspectos básicos da evolución histórica de Galicia.
6. Facilitar ao alumnado, profesorado e interesados, o estudo do asociacionismo agrario e a guerrilla.
7. Contribuír ao desenvolvemento dunha sensibilidade comprometida, responsable e activa coa democracia e os dereitos humanos.
8. Contribuír á consolidación de actitudes e hábitos de tolerancia e solidariedade entre os diversos pobos de Estado.

Acceso á última edición celebrada

(máis información)

Documentación
'Vida e morte dun mestre republicano' (Arximiro Rico Trabada, do San Bernabel - Baleira), de Narciso de Gabriel
Palabras pronunciadas por Víctor García, fillo do 'Brasileño', diante da tumba de seu pai, identificada despois de 60 anos
'As silenciadas', de Pablo Ces Marco
Sobre a pousada de Filipe II en Poulo. Blog de Cruz Concheiro, sobriña de Choncha Concheiro/Comesaña
'A chousa dos mortos', vídeo de Manuel Pazos sobre os represaliados de Boimorto
Homenaxe a Antón Alonso Ríos e a Ramón de Valenzuela
O camiño inglés
Azaña: 'La voz de la patria eterna'
'La Resistenza', de P.P. Pasolini
Documentación xeral do Seminario 2
Documentación xeral do Seminario 1
Bernardo Maiz. A guerrilla antifranquista galega
Vídeo coa intervención de Quico, Fernanda Cedrón e Xaquín Yebra no III Seminario sobre a Memoria 5. Rianxo, xuño 2012
Vídeo coa intervención de Quico, Fernanda Cedrón e Xaquín Yebra no III Seminario sobre a Memoria 4. Rianxo, xuño 2012
Vídeo coa intervención de Quico, Fernanda Cedrón e Xaquín Yebra no III Seminario sobre a Memoria 3. Rianxo, xuño 2012
Vídeo coa intervención de Quico, Fernanda Cedrón e Xaquín Yebra no III Seminario sobre a Memoria 2. Rianxo, xuño 2012
Vídeo coa intervención de Quico, Fernanda Cedrón e Xaquín Yebra no III Seminario sobre a Memoria 1. Rianxo, xuño 2012
Sitio web de Francisco Martínez López, Quico, ex-guerrilleiro e activista da Memoria
PDF do libro "Guerrillero contra Franco, guerrillero contra el olvido", de Francisco Martínez López, Quico

Galerías fotográficas
Enlace externo  Galería 1
Enlace externo  Galería 2

Ficha técnica
Título da actividade:
IV SEMINARIO SOBRE A MEMORIA: Da loita pola terra á loita pola democracia, do agrarismo á guerrilla antifranquista

Datas de celebración: 
24, 25 e 26 de maio de 2013.

Lugares de celebración: .
Sesións plenarias e traballo de campo nos concellos de Rianxo, Boqueixón, Silleda, Oroso, Ordes e Frades.

Destinatarios/as:
Persoal docente do ensino público e concertado, e en paro.

Número máximo de participantes:
50, por rigorosa orde de inscrición.

Nº de horas:
20 (homologación da Consellería de Educación en trámite).

Cotas de inscrición:
(A matrícula inclúe os traslados en autobús e os xantares de campo).

Ata o 19 de maio de 2013
Socios/as de Nova Escola Galega: 30 €.
Parados/as: 40 € (é precisa xustificación documental).
Cota ordinaria: 60 €.

Desde o 20 de maio de 2013
Socios/as de Nova Escola Galega: 40 €.
Parados/as: 50 € (é precisa xustificación documental).
Cota ordinaria: 70 €.

Forma de pagamento:
Ingreso ou transferencia bancaria á conta de Nova Escola Galega en NOVAGALICIA BANCO: 2080 – 0300 – 85 – 3040089500

Inscrición:
Achega do boletín de inscrición xunto co xustificante do pagamento.




Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com