Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2013 XXVII ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÉS DE EDUCADORAS/ES POLA PAZ 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
· PROGRAMA
· FOLLA DE INSCRICIÓN

Presentación

A nova cita das educadoras e educadores pola paz de Galicia e Portugal, así como doutras terras que nos adoitan acompañar, está xa programada. Será en Viana do Bolo, a vila que viu nacer a Suso Jares e onde nos levou a pomba da paz que foi soltada no mes de abril de 2012 en Chaves. A pomba decidiu pousarse nunha lomba perto de Viana e foi atopada por Lorena García Barja que estudou no IES Carlos Casares participando nos programas de mediación.

Foi por isto que pensamos que debía ser Viana e non outro lugar a sede dos encontros do 2013. Tivemos a sorte de atopar no IES Carlos Casares a semente agromada da paz que nos recibiu cos brazos abertos.  Esta viaxe ás orixes de Suso, principal impulsor deste movemento, faranos percorrer a nosa andaina destes 27 anos, pero coa mirada no futuro seguiremos a afondar nunha das súas liñas de traballo e dada a actualidade da temática e polo noso compromiso coa mesma, imos focalizar o tema de estudo deste ano á A Educación Emocional no marco da Educación para a Paz Neste momento de crise social e económica acreditamos no traballo sobre as emocións como o xeito máis fiable de “armármonos para a paz”

Agardamos a vosa presenza e participación activa nesta nova cita. Ata abril, mes da liberdade e da paz, en Viana do Bolo ( Ourense).

Habemos de ir a Viana…



Documentación

Ficha técnica

XXVII ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÉS DE EDUCADORAS/ES POLA PAZ. A educación emocional en tempos de crise
Viana do Bolo 26, 27 e 28 de abril (IES Carlos Casares)
 

DESTINATARIOS: Profesorado do ensino público e privado e desempregados/as.

NÚMERO MÁX. DE PARTICIPANTES: 150

HORAS:16 (Solicitada a homologación pola Consellería de Educación e OU)

CUSTE: Ata o 10/04/13: Só matrícula: Ordinaria (50 e); Socios/as de NEG e do MEP, desempregados/as (40 e). Matrícula e aloxamento: Ordinaria (90 e); Socios/as de NEG e do MEP, desempregados/as (80 e)

Desde o 10/04/13: A partir desta data, a organización non xestionará aloxamento. Matrícula única (60 e). Deberase acreditar, no seu caso, a condición de desempregados/as ou membros de NEG ou do MEP.

*A organización ten xestionadas as comidas para todos os Encontros. Se queres apuntarte, faino xunto coa inscrición.O PAGO farase no momento da recollida da documentación: 30 euros. €

*Haberá un espazo infantil atendido por unha educadora durante o tempo da mesa redonda do venres e a charla do sábado. Quen precise usar deste servizo debe abonar a maiores 10 euros por crianza. Informar na inscrición do nome e idade de cada nena/o.

ENVÍO DE INSCRICIÓNS:

Enviarase cuberto o formulario da inscrición xunto coa copia do ingreso bancario (no que figuren nome, apelidos e D.N.I.) ao enderezo ou ao correo-e sinalados a continuación:

Nova Escola Galega

San Clemente 18-baixo

15705 Santiago de Compostela

Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com

CONTA GALICIA: NEG 2080 – 0300 – 85 – 3040089500 (Novagalicia Banco)

CONTA PORTUGAL: APAP NIF: 507210085

NIB: 001800031066653502080 – Banco Santander Totta

 





Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com