|
 | A Actividade |  |
|
 | Presentación |  |
Este obradoiro impartido por Ángel Sánchez, profesor de Ioga e Dinamizador, pretende ser o punto de partida dun proceso de formación-investigación máis amplo que se realizará durante o vindeiro curso.
É un obradoiro ideal para sorprenderte xogando e gozando da túa risa. Para que afrouxes e vivas plenamente sensacións emocionantes, que te farán sentir marabillosa/o, xa que todas/os temos algo moi especial no noso interior. Facilitarémosche as ferramentas para que poidas expresalo e vivilo, sen tensións e dun xeito lúdico.
1º Obxectivo
Presentar de xeito lúdico e vivencial unha proposta de Formación ó longo do vindeiro curso 2013- 2014. Un programa, o Re.Cursos, que pretende ser un espazo formativo no que abordaremos - practicaremos dinámicas derivadas do Ioga e outras técnicas de expresión Holísticas.
O programa Re.Cursos xerará un grupo de práctica e investigación con varios obxectivos, que se definirán conxuntamente coas participantes no mesmo.
Os/as participantes disporán da posibilidade de titoría e seguimento na implementación dos diferentes recursos no seu centro o espazo educativo.
2º Obxectivo
· Realizar unha sesión Vivencial para contactar co Método e recoller as necesidades das interesadas en participar no vindeiro curso no programa Re.Cursos.
· Eliminar tensións, liberándonos de niveis de estrés nocivos.
· Propiciar a vivencia da risa auténtica, sanadora.
· Aumentar a autoestima das persoas participantes.
· Potenciar a capacidade creativa e de compromiso cunha mesma.
· Espertar a Conciencia do "aquí agora".
· Desenvolver a capacidade creativa.
Contidos
· Respiracións da Risa.
· Dinámicas xeradoras de risas sanadoras.
· Posturas propiciadoras.
· Exercicios psicofísicos preparatorios.
· Escondites e hosos da Risa.
· Risas autoxestionadas.
· Riso Interior.
· Como prepararse á risa activa.
· Algúns tipos de risas.
· Beneficios saudabres e terapéuticos da risa (físicos, psíquicos, mentais, sociais, espirituais...).
|
|
 | Documentación |  |
|
|
 | Ficha técnica |  |
RESPIRANDO ALEGRÍA_IOGA DA RISA
- Data de celebración: 8 de xuño do 2013
- Horario: 10:15 h. a 13:45h.
- Lugar: Centro Sociocultural Castiñeiriño (Rúa Virxe de Fátima, 1. Santiago de Compostela)
- Inscricións (nome, apelido, DNI e teléfono) +comprobante bancario.- Antes do 6 de xuño: neg@mundo-r.com
- Ingresos: 2080 0300 85 3040089500 Novagalicia Banco (Titular: Nova Escola Galega)
- Prezo: socios/as NEG 30€ // Non socios/as 40€
É IMPORTANTE VIR CON ROUPA CÓMODA E UNHA MANTIÑA PARA REALIZAR AS ACTIVIDADES.
|
|
|
|