Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2013 Xornadas sobre a LOMCE: Reformar o sistema educativo, para que? 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
- CARTEL
- BOLETÍN DE INSCRICIÓN
- PROGRAMA

Presentación

A comunidade educativa enfróntase a un novo proceso de reforma educativa mediante o profundo cambio lexislativo que supón a Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa, actualmente en periodo de tramitación parlamentaria.

As sucesivas versións do texto da LOMCE evidenciaron un amplo espazo de  desencontro tanto no  tocante á diagnose sobre as eivas do sistema educativo, como nas medidas que esta reforma formula.

Asemade o contexto de crise socioecómica e as políticas de “austeridade” marcan un tempo de restriccións que afecta, con diferente alcance, á dotación de recursos materiais e humanos, e ao desenvolvemento de accións relacionadas coa igualdade de oportunidades educativas ou a atención á diversidade, eixes sobre os que se constrúe un sistema educativo de calidade.

É evidente que a LOMCE plantea cambios substanciais no sistema educativo.  Mudanzas que cuestionan a pervivencia do modelo comprensivo de ensino, rompen co marco regulador das competencias educativas entre as administracións, modifican  a propia idea de comunidade educativa, cambian o sentido  das relacións entre a dupla rede de ensino pública – privada,  e incorporan controvertidos  elementos sobre os modelos lingüísticos, inéditos ate agora na lexislación educativa.

Estas xornadas sobre a LOMCE pretenden precisamente crear un espazo para coñecer, analizar e debater os eixos nos que se sustenta esta reforma educativa. Igualmente pretenden promover a reflexión sobre a reforma que precisa a institución escolar desde o coñecemento da realidade das distintas etapas educativas.

Obxectivos da actividade

a)  Contextualizar a nova  reforma educativa no marco socieconómico, ideolóxico e  político da crise do estado do benestar

b) Analizar e debater sobre os problemas educativos que xustifican o actual proceso de reforma educativa: fracaso e abandono escolar; calidade e excelencia; avaliación e rendición de contas;  autonomía pedagóxica e xestión democrática dos centros

c) Analizar e debater sobre os cambios nas distintas etapas do  sistema educativo propostos na LOMCE

d)  Analizar o novo curriculo educativo desde a perspectiva da educación para a

cidadanía e o laicismo

e)  Reflexionar e debater sobre  a distribución dos tempos escolares e a súa relación coas metodoloxías docente e os obxectivos da renovación pedagóxica: a reforma necesaria. 



Documentación

Ficha técnica
Nome da actividade: XORNADAS SOBRE A LOMCE. Reformar o sistema educativo, para que?

Datas e lugar de celebración
: 12, 13 e 17 de febreiro do 2014. Facultade de C. da Educación (Campus de Elviña-A Coruña)
Custo da matrícula
:
Socios/as de Nova Escola Galega: 20 euros.
Desempregados/as: 30 euros.
Cota ordinaria: 40 euros.

Forma de pagamento: Transferencia bancaria á conta de Nova Escola Galega en Nova Galicia Banco:
2080 0300 85 3040089500

Valoración en horas
: 12 horas (Os profesionais da educación, tanto funcionarios como do ensino concertado ou en paro, obtarán a unha certificación homologada pola Consellería de Educación e OU).

Número máximo de participantes: 80, por rigorosa orde de inscrición.

Información, contacto e inscricións
:

Nova Escola Galega
R/ San Clemente 18, baixo.
15705. Santiago de Compostela.
Telf./Fax: 981562577
neg@mundo-r.com




Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com