Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2014 VII Xornadas de materiais e recursos educativos: experiencia e recursos para a normalización lingüís 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
Ficha de materiais didácticos
Ficha de inscrición
Programa

Presentación

A idea

No momento que estamos vivindo consideramos fundamental unirnos para partillar ideas, e ánimos. A dificultade que supón encontrar materiais en galego para determinadas áreas e proxectos pide a difusión dos existentes e achegar ferramentas que poidan resultar de axuda para construír outros.

Para dar pasos adiante é preciso coñecernos, encontrarnos e recoñecer o labor que hai detrás da construción dos recursos e de experiencias innovadoras desenvolvidas no ámbito .

 

Obxectivos

·         Difundir materiais e concibidos e promovidos polo profesorado dos diferentes niveis do ensino coa finalidade de contribuír á lingüística.

·         Compartir experiencias normalizadoras.

·         Formarnos en obradoiros que nos axuden a crear materiais didácticos e a contribuír á súa distribución.

·         Crear un espazo aberto, práctico e de convivio para encontrármonos todas as persoas que, ben producimos ou estamos interesadas en empregar en lingua galega, ou ben temos interese en experiencias normalizadoras.

 
Contidos

Van estar organizadas en dous grandes bloques: un de obradoiros e outro de experiencias.

As sesións de obradoiros irían destinadas a formármonos en aspectos nos que teñamos interese. Son variados e vanse realizar en dúas quendas e de xeito simultáneo.

As experiencias tamén son simultáneas e vanse desenvolver en dúas quendas. Ademais das que xa están previstas queda aberto o prazo para que calquera poida presentar unha experiencia e/ou material didáctico ou recurso que elaborase para o ámbito e que dalgún xeito estean contribuíndo á da lingua galega.

As persoas interesadas en dar a coñecer o seu material, deben facelo a través do formulario "Ficha de mateirais didácticos", dispoñible xunto co programa e a ficha de inscrición no apartado "Secretaría". Unha vez cuberto, deben envialo ao correo electrónico rocio.garcia.pazos@gmail.com antes do 20 de outubro. Para poder presentar o material é necesario estar inscrito nos Encontros.



Ficha técnica

VII Xornadas de materiais e recursos educativos

Santiago, 24 e 25 de outubro de 2014

Lugar de celebración: Facultade de Ciencias da Educación (Pedagoxía)

Homologación: 10 horas

Matrícula:

- Asociados/as de NEG, CGENDL e parados/as: 15€

- Matrícula ordinaria: 25€

Inscricións:

Cubrir o boletín de inscrición e enviar por correo-e a neg@mundo-r.com ou por correo postal

a R/ das Hedras, 4-2ºO. 15895 Ames (A Coruña).

Tamén por fax ao 981562577

Acompañar a inscrición co xustificante bancario.

Matrícula ata o 21 de outubro.

 





Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com