Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2016 VII SEMINARIO-OBRADOIRO INTERNACIONAL DE AVALIACIÓN DE MATERIAIS DIDÁCTICOS 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
- BOLETÍN DE INSCRICIÓN
- PROGRAMA


Presentación

DESCRICIÓN XERAL DA ACTIVIDADE

O Seminario Obradoiro de avaliación de materiais didácticos, vai pola súa VII edición. Procura ter un carácter innovador e emprendedor como parte necesaria da formación docente actual.

Esta actividade presenta un carácter práctico na que se parte de distintos modelos de avaliación de recursos educativos dirixidos aos distintos ámbitos de ensino (reglado ou non).

Procuramos ofrecer ferramentas de acción que o profesorado utilice no mesmo momento de realizar esta actividade formativa, cuestionando os propios materiais e o uso que se deriva da súa práctica reflexiva nas aulas.

OBXECTIVOS DE AVALIACIÓN

-Coñecer e usar guías de avaliación de materiais educativos.

-Avaliar os materiais didácticos a través de distintos modelos de avaliación.

-Tomar decisións construtivas respecto dos materiais educativos no propio contexto.

-Valorar os recursos educativos das principais editoriais para considerar a súa utilidade nas aulas.

METODOLOXÍA DO SEMINARIO

·         Sesións teóricas: a mesa de debate servirá para situar a cuestión da avaliación dos recursos disponibles no tema de discusión. A mesa redonda será o colofón ao traballo de reflexión realizado entre todas e todos.

·         Presentacións literarias: amosamos dous traballos de divulgación de interese nacional, relacionados co tema.

·         Obradoiros: traballo personalizado. Número máximo de 10 participantes por obradoiro (escolle un de mañá e outro de tarde). Son sesións participativas, onde o asistente se inicia no desenvolvemento práctico da avaliación de materiais a partir de modelos seleccionados elexidos con criterio científico para o procedemento de análise e deseño de materiais e recursos educativos da actividade diaria. Nestas sesións o asistente pode achegar materiais propios.


WEB DA ACTIVIDADE
 http://evaluationre.wordpress.com 



Documentación

.

Ficha técnica

VII SEMINARIO-OBRADOIRO INTERNACIONAL DE AVALIACIÓN DE MATERIAIS DIDÁCTICOS. REDE E TECNOLOXÍA: DESAFÍOS EDUCATIVOS EN COMUNIDADE
Vedra, 19 e 20 de febreiro de 2016

Destinatarios:
Familias, docentes, estudantes de ensinanzas universitarias, educadores e educadoras sociais, profesionais do ámbito do ensino...

N° máx. de asistentes: 80 persoas

Horas: 12h.

Matrícula:

Ata 14/01/16: matrícula ordinaria (40€); Parados/as (30€); Socios/as de NEG e membros da comunidade educativa do CPI de Vedra (20€).

Desde o 15/01/16: matrícula ordinaria (50€); Parados/as (40€); Socios/as e membros da comunidade educativa do CPI de Vedra (30€).

*Deberase acreditar no seu caso, a condición de desempregados/as, membros de NEG ou membros da comunidade educativa do CPI de Vedra.

Homologación: solicitada a homologación como actividade de formación do profesorado da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Inscricións:
Enviarase o formulario de inscrición debidamente cuberto xunto co xustificante bancario (indicar nome e apelidos e nome da actividade) a:
Nova Escola Galega
R/ das Hedras, 4-2ºO
15895 Novo Milladoiro- Ames

Ou ben por correo electrónico a: neg@neg.gal
Datos bancarios para o ingreso:
Conta en ABANCA- titular: Nova Escola Galega
ES77 2080 0300 85 3040089500





Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com