Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2016 IV CONGRESO INTERNACIONAL A FENDA DIXITAL 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
- PROGRAMA
- BOLETÍN DE INSCRICIÓN

Presentación

OBXECTIVOS

·Reflexionar sobre as actividades implementadas coas TIC nos diversos contextos socioeducativos actuais.

·Crear un espazo de intercambio de experiencias entre diferentes profesionais debatendo sobre a relevancia das TIC para a atención á diversidade nos Centros Educativos Ordinarios, Escolares, Rurais Agrupados, Integrados e nas Facultades de educación entre outros.

·Analizar a incorporación das TIC á diversidade de centros educativos existentes no ámbito rural e urbano.

·Debater, dende o punto de vista didáctico e curricular, sobre os principais retos educativos que as TIC terán que afrontar nos próximos anos.

·Analizar a forma na que as TIC poden contribuír para fomentar a igualdade ou xerar desigualdade nos Centros Educativos e na contorna.

·Identificar os problemas que profesionais da educación veñen formulando na introdución das TIC no contexto educativo e comunitario.

·Favorecer un encontro entre diferentes Institucións (Centros de Formación, Concellos, Escolas, Universidades, entre outros), procurando, en conxunto, formular propostas de mellora ao redor ás necesidades educativas, inclusión e igualdade.

·Reflexionar sobre a utilización das TIC e outros recursos, identificando as súas principais fortalezas e debilidades.

·Crear un espazo de intercambio de investigacións sobre as TIC e sobre a súa contribución en favorecer a labor socioeducativa na abordaxe das NEAE, a inclusión e a igualdade de xénero.


TEMÁTICA

· Intervención sociocomunitaria e proxectos educativos con TIC

· Recursos dixitais en contextos educativos

· Experiencias educativas de atención ás neae e nee con TIC

· Metodoloxías innovadoras con TIC para a atención á diversidade, inclusión e equidade


NORMAS PARA COMUNICACIÓNS


Para presentar o título e o resume a data límite é o 20 de xaneiro, debendo ser ésta enviada ao Secretariado do Congreso: secretariado.fenda@gmail.com.

O idioma poderá ser galego, portugués ou castelán. De ser o caso, confirmarase a aceptación das comunicacións antes do 30 de xaneiro. A data tope para a entrega do texto completo farase o 20 de febreiro.

O primeiro envío, no caso do Resumo, contará con: Título da comunicación; Datos do autor-a, institución, correo electrónico; Referencia ás necesidades técnicas (vídeo, retroproxector, ordenador...); Resumo cun máximo de 200 palabras, no que se explicitará o obxetivo central do estudo, a metodoloxía, os resultados máis destacados (de ser o caso) e conclusións; Palabras-chave, máximo de 4.

As comunicacións deberán estar relacionadas con algún dos obxectivos / temática do congreso. A extensión das comunicacións será dun máximo de 5.000 palabras e terá que incluir o resumo cun máximo de 200 palabras e palabras clave. Tipo de letra Times New Roman, interlineado simple, marxes superior e inferior 2,5; esquerda e dereita 3. Os autores-as da/s comunicación/s deben facer o pago da matrícula.

O texto final para a publicación, no caso das comunicacións, debe seguir a seguinte estrutura:

1. Título
2. Complemento de título (opcional)
3. Identificación dos-as autores-as (nome e apelidos), institución e correo electrónico
4. Resumo
5. Palabras-chave
6. Introdución
(se fose preciso pódese incluir apartado específico para marco teórico/revisión bibliográfica/estado da cuestión)
7. Metodoloxía
8. Resultados (de ser o caso)
9. Conclusións, discusión e conclusións
10. Agradecementos (de ser o caso). Poden ser incluídos no final do documento, antes das referencias
11.Referencias bibliográficas

Non se permite incluir encabezamento e notas de pé de páxina. A norma para as Referencias bibliográficas e citas debe ser a 6ª edición da APA (AmericanPsychologicalAssociation). As citas serán integradas no texto dacordo con o sistema autor/a-data. En caso de citas textuais incluir o número da páxina.

 

https://fendadixital.wordpress.com/



Documentación

.

Ficha técnica

IV CONGRESO INTERNACIONAL
A fenda dixital: TIC, NEAE, inclusión e equidade

Facultade de Ciencias da Educación - Campus Vida
Santiago de Compostela
7, 8 e 9 de abril de 2016


HOMOLOGACIÓN:  16 horas de formación homologadas pola Xunta de Galicia 

MATRÍCULA

Ata o día 15 de Marzo

Profesorado e outros profesionais: 45 €

Estudantes, Persoas desempregadas e membros da NEG: 25 €

Do 15 de Marzo ó 1 de Abril
Profesorado e outros profesionais: 50 €
Estudantes, Persoas desempregadas e membros da NEG: 30 €

 

FORMA DE PAGO
Em Portugal: NIB 0035-0442-00013931030-34 (Caixa Geral de Depósitos)
En España: IBAN ES77 2080-0300-85-3040089500 (ABanca)





Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com