|
 | A Actividade |  |
 | Secretaría |  |
|
 | Presentación |  |
Esta segunda edición das "NEG-Xornadas de educación e cultura tradicional" será do máis especial. Desenvolverase no Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, en Lodoselo, un lugar cun encanto incomparable no que pasaremos unha fin de semana de convivencia, música, contos, baile, roteiros... do máis agradable.
A nosa intención é abrir novos campos, ou se cadra darlle valor a algúns menos coñecidos, de difusión da nosa cultura. Este é o caso do ensino regrado, onde xa se vén avanzando, pero aínda de maneira discreta. Deste xeito, procuramos aportar coñecementos e ferramentas para que o profesorado en activo poida ver na cultura tradicional un recurso para o uso cotiá na súas aulas, procurando facer as aprendizaxes máis contextualizadas.
Obxectivos da actividade
- Poñer en valor aquelas experiecias que se desenvolven na actualidade nas aulas galegas. - Valorar diferentes recursos educativos existentes en relación á cultura tracicional e a súa relación coa natureza. - Coñecer o sentido de introducir este tipo de prácticas vinculadas á cultura tradicional na escola. - Constituír novos núcleos de dinamización do patrimonio inmaterial galego.
Comité organizador: Marcos Botana García (mestre substituto) Xiana Lastra Pernas (música e produtora) Marta Otero García (mestra educación musical) Alexandre Sotelino Losada (Universidade de Vigo - GI Esculca USC)
|
|
 | Documentación |  |
 | . |  |
|
|
 | Ficha técnica |  |
II NEG-XORNADAS DE EDUCACIÓN E CULTURA TRADICIONAL
CDR O VISO- LODOSELO (Sarreaus- Ourense)- 16 e 17 de abril de 2016
HOMOLOGACIÓN:
Actividade homologada con 12 horas de formación para o profesorado interesado.
MATRÍCULA:
Opción 1-Só asistencia:
Asociados/as NEG: 25 €
Desempregados/as: 35€
Ordinaria: 45 €
*Os xantares teñen un custo de 6€ que se pagará a maiores xunto coa inscrición.
Opción 2- Completa (inclúe xantar, cea, velada e aloxamento do sábado e xantar do domingo):
Asociados/as NEG: 55 €
Desempregados/as: 65€
Ordinaria: 75€
Enviar a folla de inscrición+ xustificante bancario a neg@neg.gal ou por correo ordinario a: Nova Escola Galega- R/das Hedras, 4-2ºO. 15895 Milladoiro-Ames.
INGRESO MATRÍCULA:
ABANCA- Nova Escola Galega
ES77 2080 0300 85 3040089500
(Indicar nome, apelido e actividade)
|
|
|
|