Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2016 VII SEMINARIO SOBRE A MEMORIA HISTÓRICA 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
Conclusións e avaliación do Seminario
Álbum de imaxes do Seminario
Cuestionario de avaliación do Seminario
Programa
Matrícula

Prensa
Diario de Pontevedra, 5 de xuño
Faro de Vigo, 24 de maio


Presentación
A convocatoria do Seminario constitúe, globalmente, unha proposta para a reconstrución da memoria histórica no contexto escolar. Preténdese suxerirlles aos asistentes unha reflexión sobre o fenómeno das Misións Pedagóxicas, sobre a desapiadada depuración sufrida polo maxisterio e, especificamente, sobre as mulleres antifranquistas que foron represaliadas. O obxectivo último do Seminario persegue posibilitar un mellor coñecemento do noso pasado máis recente e provocar tamén que a actualización dos coñecementos sobre os temas abordados nesta edición contribúa, no alumnado indirectamente beneficiario da reflexión, á comprensión do presente e á adopción dunha actitude responsable e solidaria na defensa da liberdade, da democracia e da xustiza.

Obxectivos

1. Identificar, analizar e explicar, situándoos no tempo e no espazo, os feitos, personaxes, problemas, etapas e procesos máis significativos das Misións Pedagóxicas, da depuración de que foi obxecto o maxisterio e, especificamente, da represión sufrida polas mulleres antifranquistas en Galicia.

2. Distinguir e valorar os trazos permanentes dos procesos de transformación e cambio nos diferentes períodos, analizándoos desde a realidade dos nosos días.

3. Situar estes procesos históricos no contexto de Galicia e do Estado.

4. Contribuír ao desenvolvemento dunha sensibilidade comprometida, responsable e activa coa liberdade, a democracia e a xustiza.

5. Contribuír á consolidación de actitudes e hábitos de tolerancia e de defensa dos dereitos humanos.

Acceso á última edición celebrada

(máis información)

Documentación
Síntese biográfica de Xosé Luís Axeitos
Materiais de apoio á conferencia de Xosé Manuel Malheiro
Síntese biográfica de Xosé Manuel Malheiro
Historia da ponte de Ponte Ledesma, por Natalí González Cacho
Historia sintética das Misións Pedagóxicas, de Uxío Otero Urtaza
'Los valores educativos desde la perspectiva de la vida al aire libre...', relatorio de Uxío Otero Urtaza
'Excursións na natureza e educación en valores. Unha nova perspectiva', artigo de Uxío Otero Urtaza
'Giner y Cosío en el verano de 1883. Memoria de una excursión inolvidable', artigo de Uxío Otero Urtaza
Poema da Xoán Xosé Fernández Abella dedicado a Neira Vilas
Poema de Xesús Santos dedicado a Rafael Dieste
Síntese da conferencia de Xosé Luís Axeitos sobre as Misións Pedagóxicas en Galicia
Poema de Helena Villar sobre as "Marías"
Información sobre 'Herdeiras', libro-CD sobre as represaliadas de Carme Penim e 2naFronteira
Alcaldes asasinados pola represión. Mapa interactivo de Praza Pública
Estampas 1932. Documental de José Val del Omar sobre as Misións Pedagóxicas
Síntese da conferencia de Montse Fajardo e Xosé Álvarez sobre a represión da muller, especialmente no maxisterio
Síntese da conferencia de Xosé Manuel Malheiro sobre a represión contra o maxisterio
Homenaxe ás persoas asasinadas polo franquismo no Barranco de Aigues (El Campello – Alacant). Abril, 2016
Joan Tardá no Congreso dos Deputados/as sobre os guerrilleiros e a memoria histórica (27-04-2016)
Entrevista a Quico en Línea36 TV (15 de marzo de 2016)
Entrevista a Quico no diario Público (9 de marzo de 2016)

Ficha técnica
Título da actividade:
VII SEMINARIO SOBRE A MEMORIA: As Misións Pedagóxicas, a depuración do Maxisterio e as mulleres antifranquistas represaliadas.

Datas de celebración
20, 21 e 22 de maio de 2016.

Lugares de celebración: .
Rianxo, Boiro e Gres (Ponte Ledesma).

Destinatarios/as:
Persoal docente do ensino público e concertado, e en paro.

Número máximo de participantes:
50, por rigorosa orde de inscrición.

Nº de horas: 
20 (homologación da Consellería de Educación en trámite).

Cotas de inscrición:
(A matrícula inclúe os xantares de campo).

Ata o 16 de maio de 2016
Socios/as de Nova Escola Galega: 30 €.
Parados/as: 40 € (é precisa xustificación documental).
Cota ordinaria: 60 €.

Desde o 17 de maio de 2016
Socios/as de Nova Escola Galega: 40 €.
Parados/as: 50 € (é precisa xustificación documental).
Cota ordinaria: 70 €.

Forma de pagamento:
Ingreso ou transferencia bancaria á conta de Nova Escola Galega en ABANCA
IBAN ES77 2080 – 0300 – 85 – 3040089500

Inscrición:
Achega do boletín de inscrición xunto co xustificante do pagamento.




Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com