Para que?
- O primeiro obxectivo será continuar analizando a figura da educadora/or social no ensino e a súa valoración dende o eido profesional e escolar. Así mesmo, reflexionaremos como é percibido o noso traballo por outros axentes.
- Queremos coñecer a realidade noutros territorios do Estado, especialmente naqueles que teñen maior experiencia e, por suposto, en territorios irmáns como Portugal.
- Trataremos de presentar a figura profesional da educadoras e o educador social ás administracións públicas para que analicen o xeito de implantala no sistema educativo galego.
- Coñeceremos o que se está a facer no ámbito local da nosa Comunidade coa presentación de experiencias que se están desenvolvendo.
- Presentaremos obradoiros que faciliten as aprendizaxes e o manexo, dun xeito práctico, no contexto de intervencións e accións de calidade no ámbito escolar regrado.
- Compartiremos experiencias, inquedanzas e saberes a través de exposicións e comunicacións.
- Coñeceremos os diferentes modelos de traballo que se están a desenvolver entre Educadoras e Educadores Sociais e o profesorado, tanto en Galiza como noutras comunidades ou no País Veciño.
- Faremos visible ás empresas, entidades, medios de comunicación e sociedade en xeral a relevancia da figura profesional da Educación Social neste ámbito.
Para quen?
Este congreso vai dirixido moi especialmente a profesionais do Ensino e da Educación Social con vontade de traballo conxunto.
A estudantes e profesorado universitario das facultades de Educación Social e Maxisterio nas que nos atopamos e coas que colaboramos.
A outras/os profesionais e entidades relacionadas co mundo educativo (AMPAS, entidades do terceiro sector..) interesadas en mellorar a calidade do sistema educativo.
Persoas doutras comunidades con desexo de compartir e intercambiar experiencias.
Técnicos/as de administracións, especialmente corporacións locais implicadas en políticas educativas.
Medios de comunicación e sociedade en xeral preocupados pola mellora do sistema educativo galego.
Comunicacións/pósters
A proposta de comunicación/póster deberá ser enviada á Secretaría Técnica do Congreso: st.edusoescola@ceesg.org, xunto coa ficha técnica (Anexo I) e a declaración xurada de propiedade intelectual (Anexo II), antes do 15 de MAIO de 2016.
Toda a información aquí.
Páxina web da actividade: http://edusoescola.wix.com/congreso