Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2016 OBRADOIROS NEG OUTUBRO-DECEMBRO 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Presentación

TÉCNICA VOCAL II (5 DE NOVEMBRO)

 

Duración: 4 horas

Datas: 5 de novembro (10 a 14h)

Lugar: Sede de NEG (R/das Hedras, 4-2ºO. Milladoiro)

Prezo: 25€ (20€ soci@s)

Imparte: Ramón Bermejo    

 

Despois do éxito do primeiro obradoiro impartido por Ramón Bermejo na nosa sede e por petición das persoas asistentes, repetimos obradoiro. Nesta ocasión, cun enfoque máis práctico e en profundidade. Podes asistir aínda que non viñeses ao primeiro.

 

Destinatari@s: cantantes, docentes, actores e actrices, dobradores/as e calquera persoa que estea interesada no tema.

 

BANDA DESEÑADA (12 DE NOVEMBRO)

 

Duración: 6 horas

Datas: 12 de novembro (10 a 13h e 16 a 19h)

Lugar: Sede de NEG (R/das Hedras, 4-2ºO. Milladoiro)

Prezo: 40€ (30€ soci@s)

Imparte: Xosé Tomás (ilustrador, humorista gráfico, guinista e profesor de ensino secundario)        

A banda deseñada (ou cómic, ou historieta,...) é unha linguaxe complexa, que integra a imaxe estática, a palabra, e moitos dos códigos cinematográficos, nunha narración conxunta. Entender este medio supón coñecer as súas regras, os seus elementos fundamentais.
Neste obradoiro coñécense as orixes da banda deseñada, e analízanse con detenimento os diferentes códigos que a caracterizan: dende as viñetas, globos, cartuchos, e demais elementos básicos, pasando por outros non tan evidentes, como as elipses narrativas, os raccords, os silencios, os saltos de páxina, a montaxe das planas, ata chegar a recursos compartidos co cine, como os planos, os movementos de cámara, as secuencias, a cadencia narrativa, etc.
Ademais de analizar todos estes elementos con innumerables exemplos, as explicacións altérnanse con postas en práctica cos asistentes: creación de escenas segundo o tipo de viñeta, elaboración de secuencias con elipses narrativas, invención de microhistorias a través da correcta utilización dos planos, etc.
Trabállase igualmente a creación de personaxes dende o punto de vista físico e psicolóxico, e analízanse algúns exemplos de obras cun tratamento dos mesmos exemplar.
Finalmente, explícase o proceso de elaboración do guión, coa posibilidade de que o alumnado vexa os bocexos reais, as notas do autor, e todos os elementos que levaron a producir unha obra como “NÓMADES” (Galaxia, 2011).

http://www.xosetomas.es/

 

Destinatari@s: Público adulto en xeral, adolescentes, docentes de todas as etapas, nais e pais, e todo tipo de persoas interesadas en afondar sobre os códigos da banda deseñada: lectores, mediadores, creadores.

DANZA TRIBAL (19 DE NOVEMBRO)

 

Duración: 4 horas

Datas: 19 de novembro (10 a 14h)

Lugar: Pazo da Peregrina (Ames)

Prezo: 25€ (20€ soci@s)

Imparte: Tamara Sánchez (Kallaikia Tribal)

 

Introdución ao mundo da danza tribal como ferramenta de expresión corporal e de relaxación nas aulas ou no traballo con grupos. Tanto a nivel enerxético como respecto ao funcionamento do sistema respiratorio, este tipo de danza aporta beneficios similares aos do Ioga ou o Tai-Chi. Fortalece o sistema nervioso mediante a relaxación, a concentración e o exercicio físico (tanto suave como moi dinámico) ao ritmo de músicas con fortes ritmos percusivos, contendo un elemento de musicoterapia, mellorando a coordinación e a disociación de movementos. Ademais, axuda a desenvolver unha maior flexibilidade articular e ao fortalecemento óseo, ao tempo que corrixe vicios posturais e mellora a alineación do corpo.

 

Destinatari@s: docentes e calquera persoa interesada nos beneficios da danza tribal.

 

HIBRIDAR O IMAXINARIO (2 E 3 DE DECEMBRO)

 

Duración: 11 horas

Datas: 2 de decembro (16:30 a 20:30h) e 3 de decembro (11 a 14h e 16 a 20h)

Lugar: Sede de NEG (R/das Hedras, 4-2ºO. Milladoiro)

Prezo: 55€ (40€ soci@s)

Imparte: Rosalía Fernández Rial

 

Este obradoiro impartido por Rosalía Fernández Rial parte da literatura para abrir os horizontes cara a outras disciplinas artísticas, coas que nos comunicaremos dun xeito poético, narrativo ou teatral en xornadas diversas. Empregaremos diferentes técnicas creativas útiles para aplicar no ámbito académico mais transferibles tamén a outros eidos vitais e profesionais. 

Metodoloxicamente atenderase sempre ás necesidades e intereses dos asistentes e todos os contidos se desenvolverán desde a práctica nas diversas xornadas. Nese senso, a autora guiará en todo momento o proceso mais deixando a liberdade precisa para que a creación aflore de acordo coa impronta persoal de cada participante.

http://www.rosaliafernandezrial.com/es

 

Destinatari@s: calquera persoa interesada na escrita e na súa aprendizaxe.

 

 

ROBÓTICA EDUCATIVA ABERTA. ESCORNABOTS (10 DE DECEMBRO)

 

Duración: 7 horas

Datas: 10 de decembro (10: 30 a 13:30h e de 16 a 20h)

Lugar: Sede de NEG (R/das Hedras, 4-2ºO. Milladoiro)

Prezo: 125€ (110€ soci@s)*inclúe todo o material necesario para a construción dos robots durante o curso

Imparte: Noa Caamaño e Xoán Sampaíño

 

Este obradoiro tenta achegar ás posibilidades educativas do uso de robots programables así como ao coñecemento da propia ferramenta a través da súa montaxe.

Formularanse propostas de xogo, inicialmente pensadas para crianzas, e pautas para o deseño de actividades.

Os robots cos que traballaremos nesta xornada son os Escornabot, un dispositivo xurdido dun proxecto maker galego, creado con tecnoloxías abertas que convida a partipar e facer por ti mesma e coas demais persoas.

 

Obxectivos

 

XORNADA 1

  • Coñecer o proxecto Escornabot: Comunidades Open Source.
    • Filosofía do proxecto.
    • Canles de información e recursos.
  • Reflexionar sobre que habilidades de pensamento podemos traballar coa planificación de propostas con esta ferramenta.
  • Valorar posibilidades metodolóxicas.
  • Iniciarse no emprego destes robots como recurso educativo .
  • Achegarse ó deseño de actividades e retos.
  • Xogar.

 

XORNADA 2

  • Creación de Escornabots
    • Tomar contacto cos compoñentes electrónicos e circuitos dos robots.
    • Soldar.
    • Ensamblar pezas impresas en 3D.

 

Destinatari@s: Docentes e calquera persoa interesada no funcionamento dos Escornabots.

 

 



Documentación

Ficha técnica
Para inscribirte nos obradoiros soamente tes que enviarnos un email a neg@neg.gal indicando os seguintes datos:
- Nome e apelidos
- DNI
- Correo electrónico
- Teléfono
- Obradoiro no que estás interesado/a
- Xustificante do ingreso bancario:

Conta ABANCA: ES77 2080 0300 85 3040089500
Titular: Nova Escola Galega
Concepto: nome + taller ao que nos anotamos




Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com