Navegación: Inicio Actividades Actividades programadas VIII SEMINARIO-OBRADOIRO INTERNACIONAL DE AVALIACIÓN DE MATERIAIS DIDÁCTICOS 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
- PROGRAMA
- FICHA DE INSCRICIÓN

Presentación
DESCRICIÓN XERAL DA ACTIVIDADE
O Seminario Obradoiro de avaliación de materiais didácticos, vai pola súa VIII edición. Procura ter un carácter innovador e emprendedor como parte necesaria da formación docente actual.
Esta actividade presenta un carácter práctico na que se parte de distintos modelos de avaliación de recursos educativos dirixidos aos distintos ámbitos de ensino (regrado ou non). Procuramos ofrecer ferramentas de acción que o profesorado utilice no mesmo momento de realizar esta actividade formativa, cuestionando os propios materiais e o uso que se deriva da súa práctica reflexiva nas aulas.

OBXECTIVOS DE AVALIACIÓN
- Coñecer e usar guías de avaliación de materiais educativos.
- Avaliar os materiais didácticos a través de distintos modelos de avaliación.
- Tomar decisións construtivas respecto dos materiais educativos no propio contexto.
- Valorar os recursos educativos das principais editoriais para considerar a súa utilidade nas aulas.
- Coñecer e analizar materiais didácticos elaborados por ONGs e comunidades indíxenas.

METODOLOXÍA DO SEMINARIO
Sesións teóricas:as conferencias inaugurais e a mesa de debate servirán para situar a cuestión da avaliación dos recursos dispoñibles no tema de discusión. A mesa redonda será o colofón ao traballo de reflexión realizado entre todas e todos.

Obradoiros: Traballo personalizado. Número máximo de 10 participantes por obradoiro (escolle un de mañá e outro de tarde). Son sesións participativas, nas que se inicia no desenvolvemento práctico da avaliación de materiais a partir de modelos seleccionados elixidos con criterio científico para o procedemento de análise e deseño de materiais e recursos educativos da actividade diaria. Nestas sesións o asistente pode achegar materiais propios.


Documentación

Ficha técnica
VIII SEMINARIO-OBRADOIRO INTERNACIONAL DE AVALIACIÓN DE MATERIAIS DIDÁCTICOS. Recursos educativos para o desenvolvemento e a cidadanía global

Lugar:
Monfero, 17 e 18 de febreiro de 2017 (CPI Plurilingüe Virxe da Cela).
Destinatarios: familias, docentes, estudantes de ensinanzas universitarias, educadores e educadoras sociais, profesionais do ámbito do ensino...
N° máx. de asistentes: 80 persoas.
Horas: 12h.

Matrícula.-
Ata 14/01/2017:
Matrícula ordinaria (40€)
Parados/as (30€)
Socios/as de NEG e membros da comunidade educativa do CPI Plurilingüe Virxe da Cela (20€)

Desde o 15/01/2017:
Matrícula ordinaria (50€)
Parados/as (40€)
Socios/as e membros da comunidade educativa do CPI Plurilingüe Virxe da Cela (30€)

Deberase acreditar no seu caso, a condición de desempregados/as, membros de NEG ou membros da comunidade educativa do CPI Plurilingüe Virxe da Cela.

Inscricións.-
Enviarase cuberto o formulario da inscrición, xunto coa copia do ingreso bancario (indicar nome, apelidos e nome da actividade) ao enderezo e/ou correo-e sinalados a continuación:
Nova Escola Galega
Rúa das Hedras, 4-2ºO
O Novo Milladoiro – 15895 AMES (A Coruña)
neg@neg.gal

Ingresar na conta de Nova Escola Galega en ABANCA
Núm. de conta: ES772080 – 0300 – 85 – 3040089500




Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com