|
 | A Actividade |  |
 | Secretaría |  |
|
 | Presentación |  |
ROTEIRO “O PICO SACRO NA POESÍA GALEGA”
Relatores Xosé M. Lobato Martínez Miro Villar Xoán Xosé Fernández Abella ...
Boqueixón, 29 de abril de 2017 A saída será dende o Centro de interpretación do Pico Sacro no lugar de Cachosenande (Lestedo). Todas as persoas que desexen participar só teñen que estar preparadas ás 10:00h. con botas de camiñar e vestiario axeitado para 10 km. Tamén co seu xantar, que será de campo. E a ver se o tempo acompaña...
Obxectivos 1. Propiciar a mellora da cualificación pedagóxica do profesorado para a realización de saídas didácticas tendo como base a literatura, a historia e a arquitectura. 2. Facilitarlle ao profesorado os medios e recursos para que poida realizar actividades complementarias e introducilas nas súas programacións de traballo docente. 3. Favorecer o intercambio de experiencias de aula que teñan como base a literatura, a arte, a historia... entre o profesorado.
Contidos 1. O Pico Sacro na literatura. 2. Aproveitamento didáctico do Pico Sacro. 3. A literatura, a historia e a xeografía arredor do Pico Sacro. 4. O contexto natural arredor do Pico Sacro.
|
|
 | Preparando o roteiro... |  |
|
|
 | Ficha técnica |  |
Título da actividade ROTEIRO "O PICO SACRO NA POESÍA GALEGA".
Datas de celebración 29 de abril de 2017.
Lugar de celebración Lestedo - Boqueixón.
Destinatarios/as Persoal docente do ensino público e concertado, e en paro.
Cotas de inscrición A actividade é gratuíta (inscrición ata o día 27 de abril).
Inscrición: Cumprimentando o boletín en liña localizable nesta mesma páxina.
|
|
|
|