Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2017 XXXI ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÉS DE EDUCADORAS E EDUCADORES POLA PAZ 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
- PROGRAMA
- FOLLA DE INSCRICIÓN EN PDF
- FOLLA DE INSCRICIÓN EN DOC

Presentación
Máis de 65 millóns de persoas do mundo actual vense forzosamente desprazadas, sendo unha das principais causas, sen dúbida, a guerra. A maioría acaba en inmensos campamentos precarios, pois lonxe de seren recibidas “con brazos abertos”, veñen debruzándose contra muros e cercas de arame farpado, axentes armados e portas pechadas. E nada menos que un 30% deles son menores de idade. Ante esta dura realidade, un gran desafío que afrontan as comunidades educativas é o de educar en profundidade sobre este estado inxusto das cousas. Dedicamos este XXXI Encontro precisamente a ese cometido, apoiándonos nuns procesos que o pedagogo crítico brasileiro Paulo Freire –tamén desprazado no seu día– denominaba conscientização. Consistirán en desenvolver pedagoxías que fomentan no noso alumnado a súa capacidade de analizar criticamente a súa propia realidade local: a medida en que a convivencia cotiá no centro e nos barrios satisfaga os dereitos e necesidades máis básicas da comunidade; os tipos de conflitos que xorden e as súas posíbeis resolucións; a existencia ou non de orientacións e accións solidarias e sustentábeis; etc., para logo considerar os seus puntos en común con problemas semellantes ao nivel transversal ou global. Pero aínda quedaría un último chanzo neste proceso glocal de conscientización: a de actuar en consecuencia co aprendido. De aí a expresión “pensar globalmente, actuar localmente”. Isto podería ser encauzado a través da participación democrática do alumnado na formulación de accións e políticas de resposta na comunidade: campañas de sensibilización; programas de acollida; proxectos internacionais de irmandades entre escolas e cidades; ou a aprendizaxe-servizo; moitas das cales serán exploradas neste XXXI Encontro, na Residencia de Tempo Libre, á beira da preciosa Praia de Patos, en Panxón (Nigrán), Galiza.

Documentación

Ficha técnica

XXXI Encontro Galego-Portugués de Educadoras e Educadores pola Paz

 “Convivencia glocal”

21, 22 e 23 de abril de 2017 - Residencia de Tempo Libre Panxón / Centro de Educación Especial (CEE) de Panxón (Concello de Nigrán)

 

Matrícula:

Ata o 6 de abril:

A. Só inscrición:

Socios/as de NEG, Socios/as de MEP, desempregadas/os e xubiladas/os: 40 €

Resto de inscricións: 50 €

B. Inscrición pensión completa fin de semana:

Socios/as de NEG, Socios/as de MEP, desempregadas/os e xubiladas/os: 95 €

Resto de inscricións: 105 €

C. Inscrición xantares e ceas:

Socios/as de NEG, Socios/as de MEP, desempregadas/os e xubiladas/os: 83 €

Resto de inscricións: 93 €

Do 6 ao 17 de abril:

A. Só inscrición:

Socios/as de NEG, Socios/as de MEP, desempregadas/os e xubiladas/os: 50 €

Resto de inscricións: 60 €

B. Inscrición pensión completa fin de semana:

Socios/as de NEG, Socios/as de MEP, desempregadas/os e xubiladas/os: 105 €

Resto de inscricións: 115 €

C. Inscrición xantares e ceas:

Socios/as de NEG, Socios/as de MEP, desempregadas/os e xubiladas/os: 93 €

Resto de inscricións: 103 €

 

*Estudantado: 35 € (inclúe inscrición, xantares e ceas coa posibilidade de durmir de balde no CEE, ​ata completar aforo)

 

* Dispoñible espazo educativo para crianzas

 

Inscricións:

Envía por email a neg@neg.gal a folla de inscrición comprobante de ingreso bancario e/ou fotocopia do xustificante de desempregado/a ou estudante antes do 17 de abril.

Ingreso bancario:

ABANCA (Nova Escola Galega) IBAN ES77 2080 0300 85 3040089500 (indica no concepto claramente: Inscrición PAZ nome e apelidos)





Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com