Navegación: Inicio Actividades Actividades programadas III NEG-XORNADAS DE EDUCACIÓN E CULTURA TRADICIONAL 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
- FICHA DE INSCRICIÓN
- PROGRAMA DA ACTIVIDADE

Conclusións
ACTIVIDADE CANCELADA ATA NOVO AVISO

Presentación

Estas terceiras NEG-Xornadas de educación e cultura tradicional nacen para reforzar as iniciativas que se levan desenvolvendo desde hai anos no noso país arredor do patrimonio, tanto material como inmaterial.
A nosa intención é abrir novos campos, ou se cadra darlle valor a algúns menos coñecidos, de difusión da nosa cultura. Este é o caso do ensino regrado, onde xa se vén avanzando, pero aínda de maneira discreta.
Deste xeito, procuramos aportar coñecementos e ferramentas para que o profesorado en activo poida ver na cultura tradicional un recurso para o uso cotiá na súas aulas, procurando facer as aprendizaxes máis contextualizadas.


Obxectivos da actividade

- Coñecer diferentes iniciativas anovadoras que se están dando no rural e que están axudando a dinamizar a nosa cultura popular.
- Valorar diferentes recursos educativos existentes en relación á cultura tradicional e a súa relación co entorno.
- Coñecer o sentido de introducir este tipo de prácticas vinculadas á cultura tradicional na escola.
- Constituír novos núcleos de dinamización do patrimonio inmaterial galego desde os centros educativos.

 



Documentación

Ficha técnica

III NEG-XORNADAS DE EDUCACIÓN E CULTURA TRADICIONAL

 

 

Actividade con 12 horas de formación homologada

 

Matrícula:

Só matrícula:

Asociadas/os: 25€

Desempregadas/os: 35€

Ordinaria: 45€

Matrícula + pensión completa:

*Inclúe xantar, cea e aloxamento do sábado e almorzo do domingo

Asociadas/os: 55€

Desempregadas/os: 65€

Ordinaria: 75€

Inscricións:

Enviar o xustificante bancario xunto coa folla de inscrición por mail a neg@neg.gal ou por correo ordinario a:

Nova Escola Galega

R/das Hedras, 4-2ºO

15895 Milladoiro (Ames)

 

Conta de ingreso: Nova Escola Galega ABANCA

ES77 2080 0300 85 3040089500

(Indicar nome e apelidos + nome da actividade)

 

 





Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com