|
 | A Actividade |  |
 | Secretaría |  |
|
 | Presentación |  |
Con este curso ofréceselle ao profesorado de educación infantil e primaria un achegamento a ferramentas metodolóxicas que potencien a capacidade de pensar de nenos e nenas a través de actividades lúdicas e reflexivas. Que o alumnado vaia avanzando no seu pensamento, considerando distintas perspectivas é a pretensión final.
O traballo coas distintas habilidades de pensamento irá encamiñado a promover en nenos e nenas un pensamento cada vez máis autónomo dende tres perspectivas: o sentido crítico, o sentido creativo e o sentido coidadoso (dimensión ética).
Contaremos cun recurso metodolóxico privilexiado (o diálogo) que será medio e fin non só no curso (a través do foro) senón tamén nas sesión prácticas que cada participante desenvolverá nas aulas.
Obxectivos da actividade
Proporcionar ferramentas prácticas, reflexivas e creativas que promocionen o desenvolvemento do pensamento do alumnado.
-
Comprender o valor da actitude reflexiva para a aprendizaxe.
-
Coñecer, mediante a experimentación, as posibilidades da narrativa, da arte e dos xogos como potenciadoras das habilidades de pensamento.
-
Introducir o coñecemento de diferentes programas e materiais: Proxecto Noria, Proxecto Miroscopio e Materiais de M. Lipman e A. Sharp.
-
Avanzar no coñecemento teórico e práctico da Filosofía para Crianzas.
-
Reflexionar sobre o papel da Filosofía na educación do alumnado e do profesorado.
|
|
 | Documentación |  |
|
|
 | Ficha técnica |  |
CURSO EN LIÑA - PENSAR E XOGAR: FILOSOFÍA PARA CRIANZAS 15 febreiro a 23 de marzo
Acceso ao curso: http://cursos.nova-escola-galega.org/
Matrícula: 40€ matrícula ordinaria 20€ asociados/as de Nova Escola Galega
Homologación: 30 horas
Cubre a ficha de inscrición que aparece no apartado secretaría (á esquerda desta páxina) e envíao a neg@neg.gal xunto co xustificante de pagamento.
Nova Escola Galega (ABANCA) Nº de conta: ES77 2080 0300 85 3040089500 Concepto: nome e apelidos + nome do curso
|
|
|
|