Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2018 AUTOESTIMA FEMININA: DESAPRENDENDO O SEXISMO DESDE AS AULAS 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
- FOLLA DE INSCRICIÓN
- PROGRAMA DA ACTIVIDADE

Presentación

A adolescencia é unha etapa crucial no desenvolvemento psicolóxico de nenas e nenos en proceso de convertírense en persoas adultas. É tamén unha etapa onde moitos estereotipos de xénero se agudizan, internalizan, e provocan sufrimento emocional e comportamentos conflitivos.

Numerosos estudos demostran unha considerable perda de autoestima das nenas nesta etapa, polo que consideramos imprescindible a reflexión desde o ámbito educativo desta realidade que a miúdo pasa desapercibida ou que, no caso de ser detectada, poucas veces se interpreta e actúa sobre ela con perspectiva de xénero.

 

Obxectivos:

 

·         Presentar ferramentas e metodoloxía que permita realizar seminarios temáticos con alumnas de secundaria, nos que abordar aqueles aspectos da construción da identidade de xénero que dificultan ou impiden o mantemento de relacións de igualdade entre os sexos.

·         Reflexionar sobre formas de afortalar a autonomía e a autoestima das alumnas desde as aulas.

·         Identificar os mecanismos da educación sexista e da construción da identidade de xénero, comprender as súas consecuencias e ofrecer alternativas.

·         Coñecer a construción da identidade feminina, do rol de submisión, da necesidade de ser e parecer boas.

·         Relacionar o malestar das mulleres cos mandatos de xénero aprendidos a través da socialización.

·         Comprender as consecuencias físicas, cognitivas e condutuais do sincretismo de xénero.

·         Comezar a presentar un modelo de muller con esquemas mentais e ferramentas cognitivas que favorecen a súa autonomía persoal.

 

Metodoloxía didáctica:

 

Presentarase a experiencia desenvolvida en aulas de 2º,3º,4º de ESO e en 1º de BAC, dentro do proxecto coeducativo “Nós tamén navegar” do IES Plurilingüe Fontexería (Muros). Reproduciranse as dinámicas e actividades que se realizan coas alumnas, en obrado, no marco deste proxecto que recibiu o Premio Concepción Arenal, na súa terceira edición (ano 2017) da Deputación da Coruña. Dotarase das ferramentas teóricas necesarias para poñer en práctica os obradoiros.

 

Profesorado:

 

Mª Sonia Fernández Casal: Licenciada en Ciencias Exactas. Máster en Xénero e Políticas de Igualdade.

 



Documentación

Ficha técnica

AUTOESTIMA FEMININA: DESAPRENDENDO O SEXISMO DESDE AS AULAS

Sede de NEG (Milladoiro-Ames), 11 e 12 de maio do 2018

R/ das Hedras, 4-2ºO. 15895 Novo Milladoiro

 

Actividade homologada: 12h de formación

Matrícula:

Ata 27/04/2018:

-  Matrícula ordinaria 45€

-  Paradas/os 25€

-  Socias/os de NEG 15€

Do 28/04/2018 a 07/05/2018:

-  Matrícula ordinaria 50€

-  Paradas/os 30€

- Socias/os de NEG 20€

 (*) Deberase acreditar no seu casoa condición de desempregada/o

Inscricións:

Enviar a folla de inscrición cuberta xunto co certificado bancario a neg@neg.gal ou por correo postal a Nova Escola Galega, R/ das Hedras, 4-2ºO. 15895 Milladoiro – Ames.

Conta bancaria:

ABANCA (Nova Escola galega): ES77 2080 0300 85 3040089500

Concepto: Curso Autoestima feminina





Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com