|
 | A Actividade |  |
 | Secretaría |  |
 | Prensa |  |
| Voz, 26 setembro |
| Progreso, 9 setembro |
| Lugo Xornal, 5 setembro |
| Campo galego, 5 setembro |
| Portal Deputación Lugo, 4 setembro |
| Progreso, 5 setembro 2 |
| Progreso, 5 setembro |
| Noticias de Lugo - Fundación TIC, 4 de setembro |
| Voz, 5 de setembro |
| Voz, 4 de setembro |
| Progreso, 4 de setembro |
| Voz, 1 de setembro |
| Progreso, 1 de setembro |
| Radio Galega, 30 de agosto |
| Voz de Galicia, 26 de agosto |
| Lugo Xornal, 19 de agosto |
| Terrachaxa, 4 de agosto |
|
|
 | Presentación |  |
A convocatoria dos Encontros constitúe, globalmente, unha proposta para a análise da situación do medio rural galego na actualidade. Esta análise realízase, por unha parte, desde a óptica especialmente educativa, pero tendo en conta que o que sucede no ámbito da educación non é nada máis que o reflexo dunha realidade global moito máis complexa. Por outra, exemplifícase esta análise nunha comarca ben definida -aínda que non recoñecida administrativamente- que ten sufrido nas últimas décadas unha transformación evidente e que, ao tempo dun progresivo e evidente despoboamento, foi quen de ir vendo nacer no seu seo iniciativas que provocan que non sexa utópico enxergar no horizonte un futuro posible. Esa comarca é a Terra de Miranda.
Obxectivos da actividade.-
1. Analizar e explicar, situándoa no seu contexto, a realidade educativa no medio rural galego, en xeral, e na Terra de Miranda en particular. 2. Identificar, a carón desa realidade educativa analizada, as características -naturais, económicas, sociais, asociati-vas...- que determinan o estado actual da comarca. 3. Situar estes elementos analizados e identificados, no contexto de Galicia e na procura da concepción dunha estratexia global de desenvolvemento do medio rural. 4. Particularmente, poñer en común experiencias educativas que contribúan á planificación dunha estratexia educativa galega concibida desde e para o medio rural.
|
|
 | Documentación |  |
|
|
 | Ficha técnica |  |
Título da actividade: ENCONTROS DE DEBATE SOBRE O MEDIO RURAL II Xornada da Terra de Miranda
Datas de celebración 7 e 8 de setembro de 2018
Lugar de celebración: . Casa da Cultura de Meira (Lugo)
Destinatarios/as: Persoal docente do ensino público e concertado, e en paro.
Número máximo de participantes: 50, por rigorosa orde de inscrición.
Nº de horas: 12 (homologación da Consellería de Educación en trámite).
Cotas de inscrición: A inscrición é gratuíta para o público en xeral.
Cotas de inscrición para as persoas que desexen homologación da actividade (12 h. de formación) recoñecida pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria:
Ata o 5 de setembro de 2018 Socios/as de Nova Escola Galega: 5 €. Parados/as: 10 € (é precisa xustificación documental). Cota ordinaria: 15 €.
Desde o 6 de setembro de 2018 Socios/as de Nova Escola Galega: 10 €. Parados/as: 15 € (é precisa xustificación documental). Cota ordinaria: 20 €.
Forma de pagamento: Ingreso ou transferencia bancaria á conta de Nova Escola Galega en ABANCA IBAN ES77 2080 – 0300 – 85 – 3040089500
Inscrición: Achega do boletín de inscrición xunto co xustificante do pagamento.
|
|
|
|