Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2018 IX SEMINARIO SOBRE A MEMORIA HISTÓRICA 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
Avaliación do Seminario
Memoria do Seminario
Conclusións do Seminario
Ficha de inscrición
Programa

Prensa
Que pasa na Costa, 1 novembro
Que pasa na Costa, 19 de outubro
Voz de Galicia, 6 de outubro
Sermos Galiza, 13 de outubro
Voz de Galicia, 4 de outubro

Presentación
A convocatoria do Seminario constitúe, globalmente, unha proposta para a reconstrución da memoria histórica no contexto escolar. Preténdese suxerirlles aos asistentes unha reflexión sobre o fenómeno dos campos de traballos forzados, sobre a situación dos prisioneiros nos campos de concentración en Francia, sobre a desapiadada depuración sufrida pola poboación e, especificamente, sobre as mulleres antifranquistas que foron represaliadas. O obxectivo último do Seminario persegue posibilitar un mellor coñecemento do noso pasado máis recente e provocar tamén que a actualización dos coñecementos sobre os temas abordados nesta edición contribúa, no alumnado indirectamente beneficiario da reflexión, á comprensión do presente e á adopción dunha actitude responsable e solidaria na defensa da liberdade, da democracia e da xustiza. 

Obxectivos da actividade
1. Identificar, analizar e explicar, situándoos no tempo e no espazo, os feitos, personaxes, problemas, etapas e procesos máis significativos a respecto dos campos de traballos forzados, da situación dos prisioneiros nos campos de concentración en Francia, e da depuración sufrida pola poboación e, especificamente, polas mulleres antifranquistas que foron represaliadas.
2. Distinguir e valorar os trazos permanentes dos procesos de transformación e cambio nos diferentes períodos, analizándoos desde a realidade dos nosos dias.
3. Situar estes procesos históricos no contexto de Galicia e do Estado.
4. Contribuír ao desenvolvemento dunha sensibilidade comprometida, responsable e activa coa liberdade, a democracia e a xustiza.
5. Colaborar na consolidación de actitudes e hábitos de tolerancia e de defensa dos dereitos humanos.


Documentación
San Xurxo, o castelo do olimpo celta que defendía a fin da terra
Poema de Xoán Xosé Fernández Abella dedicado a Xesús Costa
Galería de imaxes do Seminario
El profesorado en formación ante los problemas del mundo contemporáneo: La cuestión siria. Artigo Roberto García-Morís e Uxío-Breogán Diéguez Cequiel
A reclusión ao longo da Historia. O nacemento da pena de prisión. Artigo de Sara Carou García na revista Murguía

Ficha técnica
Título da actividade:
IX SEMINARIO SOBRE A MEMORIA: "omesomonte"

Datas de celebración
19, 20 e 21 de outubro de 2018.

Lugares de celebración: .
Rianxo, Quilmas, O Pindo e Carnota.

Destinatarios/as:
Persoal docente do ensino público e concertado, e en paro.

Número máximo de participantes:
50, por rigorosa orde de inscrición.

Nº de horas: 
20 (homologación da Consellería de Educación en trámite).

Cotas de inscrición:
(A matrícula inclúe os xantares de campo).

Ata o 12 de outubro de 2018
Socios/as de Nova Escola Galega: 30 €.
Parados/as: 40 € (é precisa xustificación documental).
Cota ordinaria: 60 €.

Desde o 13 de outubro de 2018
Socios/as de Nova Escola Galega: 40 €.
Parados/as: 50 € (é precisa xustificación documental).
Cota ordinaria: 70 €.

Forma de pagamento:
Ingreso ou transferencia bancaria á conta de Nova Escola Galega en ABANCA
IBAN ES77 2080 – 0300 – 85 – 3040089500

Inscrición:
Achega do boletín de inscrición xunto co xustificante do pagamento.




Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com