Navegación: Inicio Actividades Actividades programadas ENCONTROS DE DEBATE SOBRE O MEDIO RURAL. IV XORNADAS: "DESCONFINANDO A TERRA DE MIRANDA" 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
Programa
Boletín de inscrición

SUSPENSIÓN DAS XORNADAS
Suspensión das Xornadas
Tendo en conta a evolución da situación sanitaria, o Concello da Pontenova desaconsellou a realización das Xornadas nas datas previstas. En consecuencia, a súa celebración quedou suspendida á espera dunha decisión definitiva sobre as mesmas que será comunicada nos próximos días. Como é obvio, tanto a organización local como Nova Escola Galega no seu conxunto piden desculpas a todas aquelas persoas interesadas en participar, tanto desde a súa posición de relatores/as como desde a de asistentes. Pide desculpas tamén a todas aquelas entidades que, dun ou doutro modo, se implicaron na concepción e na organización das Xornadas.  

Onde comer e onde durmir
Para almorzar (xantar) na Pontenova
Restaurante “Lar de Balbina”. Tfno. 982 041 436. Menús a 15 € e a18 € // Hotel “San Briz”. Tfno. 982 342 389. Menú a 14 € // Cafetería da Casa da Cultura. Tfno. 696 971 856. Pratos combinados e racións.  
Para durmir na Pontenova
  Ler máis

Entidades participantes
Organiza:
NOVA ESCOLA GALEGA

Entidades colaboradoras:
REDE GALEGA DE EDUCACIÓN E DESENVOLVEMENTO RURAL
AMPA DO CEIP “AVELINO DÍAZ” – Meira
AMPA DO CEIP DA PONTENOVA
AMPA DO CEIP DE RIOTORTO
AMPA DO IES “PEDREGAL DE IRIMIA” – Meira
ASOCIACIÓN CULTURAL “ALBIÓNS” – A Pontenova
ASOCIACIÓN CULTURAL “ARRINCADEIRA” – Riotorto
ASOCIACIÓN CULTURAL “AVELINO DÍAZ”
ASOCIACIÓN CULTURAL “M DE MEIRA”
ASOCIACIÓN CULTURAL “O PICATO” – Trabada
ASOCIACIÓN DE AMIGOS/AS DA MALLA – Meira
ASOCIACIÓN DE AMIGOS/AS DA MALLA – Vilapena
ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS – A Pontenova
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS E VECIÑAS DA AUGAXOSA
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS E VECIÑAS DE SANTA COMBA DA ÓRREA
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS E VECIÑAS DO VILAR DE SANTIAGO – A Muxueira
ASOCIACIÓN PARA A PROMOCIÓN SOCIAL DOS FERREIROS DE RIOTORTO
ASOCIACIÓN RECREATIVA E CULTURAL DOS/AS AMIGOS/AS DE SANTA COMBA DA ÓRREA (ARCASCO)
CONFEDERACIÓN DE ANPAS GALEGAS
CLUB DE BÓLOS DE SANTA MARTA DE MEILÁN
CLUB DE BÓLOS E DEPORTES TRADICIONAIS DE SANTALLA
ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DA PONTENOVA
GRUPO DE TEATRO “LUME ESCÉNICO” – A Pontenova
REVISTA GALEGA DE EDUCACIÓN
SOCIEDADE DE FOMENTO FORESTAL (SOFOR) DE CANDEDO – A Serra de Meira
XELDA, EIDO RURAL

Financiamento:
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

Apoio institucional:
CONCELLO DA PONTENOVA
CONCELLO DE RIOTORTO
CONCELLO DE MEIRA
CONCELLO DE TRABADA


Presentación
A convocatoria dos Encontros por cuarto ano consecutivo constitúe, globalmente, unha proposta para a análise da situación do medio rural galego na actualidade. Esta análise realízase, por unha parte, desde a óptica especialmente educativa, pero tendo en conta que o que sucede no ámbito da educación non é nada máis que o reflexo dunha realidade global moito máis complexa. Por outra, exemplifícase esta análise nunha comarca ben definida -aínda que non recoñecida administrativamente- que ten sufrido nas últimas décadas unha transformación evidente e que, ao tempo dun progresivo e evidente despoboamento, foi quen de ir vendo nacer no seu seo iniciativas que provocan que non sexa utópico enxergar no horizonte un futuro posible. Esa comarca é a Terra de Miranda.

Obxectivos da actividade.-

1. Analizar e explicar, situándoa no seu contexto, a realidade educativa no medio rural galego, en xeral, e na Terra de Miranda en particular.
2. Identificar, a carón desa realidade educativa analizada, as características -naturais, económicas, sociais, asociativas...- que determinan o estado actual da comarca.
3. Situar estes elementos analizados e identificados, no contexto de Galicia e na procura da concepción dunha estratexia global de desenvolvemento do medio rural.
4. Particularmente, poñer en común experiencias educativas que contribúan á planificación dunha estratexia educativa galega concibida desde e para o medio rural.


Ficha técnica
Título da actividade:
Encontros de debate sobre o medio rural
DESCONFINANDO A TERRA DE MIRANDA: IV XORNADAS

Datas de celebración
30 e 31 de outubro de 2020

Lugar de celebración: .
Casa da Cultura da Pontenova (Lugo) 
(43º20'54''N - 7º11'27''O)

Destinatarios/as:
Persoal docente do ensino público e concertado, e en paro.

Número máximo de participantes:
50, por rigorosa orde de inscrición.

Nº de horas: 
12 (homologación da Consellería de Educación en trámite).

Cotas de inscrición:
A inscrición é gratuíta para o público en xeral.

Cotas de inscrición para as persoas que desexen homologación da actividade (12 h. de formación) recoñecida pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria:

Ata o 26 de outubro de 2020
Socios/as de Nova Escola Galega: 5 €.
Parados/as: 10 € (é precisa xustificación documental).
Cota ordinaria: 15 €.

Desde o 27 de outubro de 2020
Socios/as de Nova Escola Galega: 10 €.
Parados/as: 15 € (é precisa xustificación documental).
Cota ordinaria: 20 €.

Forma de pagamento:
Ingreso ou transferencia bancaria á conta de Nova Escola Galega en ABANCA
IBAN ES77 2080 – 0300 – 85 – 3040089500

Inscrición:
Achega do boletín de inscrición xunto co xustificante do pagamento.




Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com