Navegación: Inicio Actividades Actividades programadas XII SEMINARIO OBRADOIRO DE AVALIACIÓN DE MATERIAIS DIDÁCTICOS. PROGRAMACIÓN E ROBÓTICA 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Secretaría
PROGRAMA XII SEMINARIO MATERIAIS

Presentación

ATENCIÓN, PRAZAS ESGOTADAS!

DESCRICIÓN XERAL

A robótica educativa será a protagonista da duodécima edición do “Seminario de Avaliación de Materiais Didácticos”, que terá lugar en Palas de Rei o día 10 de abril de 2021.

Conscientes da necesaria formación en metodoloxías STEAM (ciencias, tecnoloxía, enxeñaría, arte e matemáticas), e partindo de que a escola é un espazo de aprendizaxe na que debe realizarse un tratamento reflexivo, crítico, innovador e creativo dos avances tecnolóxicos e científicos, esta actividade nace coa finalidade de ofrecer un espazo de encontro para os nenos e nenas, co fin de favorecer a análise e utilización crítica dos robots na escola, nas aulas e nos fogares. Tamén, aproveitaremos para ter unha visión práctica deste uso educativo.


OBXECTIVOS DE AVALIACIÓN

       Entender as tecnoloxías como un medio e non coma unha finalidade.
       Coñecer e valorar as posibilidades da robótica educativa como recurso para aprendizaxe.
       Identificar a presenza da linguaxe computacional na funcionalidade de mecanismos e obxectos da vida cotiá.
       Identificar o pensamento computacional como habilidade de pensamento.
       Experimentar metodoloxías activas e creativas que favorezan o desenvolvemento das competencias STEAM.

       Empregar os recursos dixitais de forma responsable, crítica e segura.

METODOLOXÍA DO SEMINARIO

       Conversa para nenos e nenas. Servirá para situar o significado das competencias STEAM e a súa implicación para a aprendizaxe e o coñecemento, centrando o foco de atención no tratamento especifico da robótica.
       Obradoiros. Sesión participativa na que poderemos iniciarnos no emprego da robótica como recurso educativo e como vía para o desenvolvemento das competencias STEAM dotándonos de ferramentas para a avaliación do seu uso.
       Peche e resumo do Seminario. Colofón ao traballo de análise e reflexión realizado entre todas e todos.




Documentación

Ficha técnica

Lugar e data de celebración: 10 de abril de 2021 - Casa da Cultura de Palas de Rei (Lugo).

 

Persoas destinatarias: nenas e nenos de 1º a 6º de Educación Primaria.

Profesorado, familias (nais, pais, avós, ...) e persoas interesadas en iniciarse en cuestións relacionadas coa Robótica Educativa, poderán asistir sempre e cando queden prazas libres, tendo en conta a prioridade de inscrición dos nenos e nenas de Palas de Rei. 

 

Seminario gratuíto, pero é necesario inscribirse previamente en: http://cutt.ly/5zw8U2u
ATENCIÓN, PRAZAS ESGOTADAS!


Prazas:
30 participantes (alumnado, familias, profesorado, persoas interesadas  no tema…) (Terán prioridade os nenos/as de Palas de Rei).
ATENCIÓN, PRAZAS ESGOTADAS!

Para calquera dúbida ou aclaración: neg@neg.gal

 





Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com