TÍTULO: Obradoiros para traballar a igualdade desde as perspectivas masculinas e femininas.
Datas:
26 e 27 de novembro
Horario:
26 de novembro: de 16:30 a 20:00
27 de novembro: de 10:00 a 14:00
IMPARTIDO POR:
Xosé Cabido (profesor de Filosofía, Profesor titor do curso Formación Inicial en Igualdade para docentes). Sonia F. Casal (profesora de Matemáticas, Máster en Xénero e Políticas de Igualdade)
Ambos coordinaron o proxecto coeducativo “Nós tamén Navegar” Premio Concepción Arenal da Deputación da Coruña 2016, desenvolvido no IES Plurilingüe Fontexería (Muros). Neste proxecto, creáronse espazos de reflexión e diálogo con alumnos e alumnas separados por xénero, o que favoreceu unha receptividade por parte do alumnado distanciada da confrontación co "sexo oposto".
CONTIDOS:
Presentaranse algúns dos obradoiros realizados con alumnos nos que se analizan e cuestionan os mandatos de xénero masculinos interiorizados desde a infancia, así como obradoiros realizados con alumnas analizando e cuestionando as mensaxes sociais en relación cos corpos e a sexualidade feminina. Promoverase a procura de estratexias para que as docentes e os docentes asistentes poidan empregalas e adaptalas ao seu alumnado.
O obradoiro é de balde e ten prazas limitadas (30).
Formulario de inscrición:
https://forms.gle/neDcNbEJH7DxwVoc8