Navegación: Inicio Actividades Actividades programadas XVIII XORNADAS INTERXERACIONAIS RURAIS DE CABREIROS 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Presentación
Compartimos con moita ledicia o programa das XVIII Xornadas Interxeracionais Rurais de Cabreiros (Xermade), que chegan á súa maioría de idade. Estas Xornadas, nas que colaboramos desde o seu inicio, son para NEG un potente referente do traballo socio-comunitario no noso rural. Aprendemos moitísimo do coidadoso proceso de xestación de cada edición. Nun momento no que se pon o foco na idea do abandono e baleirado do medio rural, a experiencia de Cabreiros, á que se suman outras iniciativas como a Invernada de Cine, por exemplo, é un fito que cómpre proxectar, coa fachenda e o agarimo que merecen. Desexando compartirmos a emoción deste reencontro logo dos anos máis duros da pandemia!

Secretaría
Programa



Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com