Navegación: Inicio Actividades Actividades realizadas Ano 2022 OS DEREITOS DA INFANCIA A DEBATE 
Usuario
Contrasinal:

A Actividade

Presentación
Preténdese afondar no desenvolvemento dos dereitos da infancia nas nosas contornas, constatando as fortalezas e debilidades dun contexto institucional que non acaba de recoñecer fórmulas efectivas que conten cos nenos e coas nenas no desenvolvemento dos seus espazos vitais. As esixencias escolares, a precariedade dos espazos comunitarios, os tempos sociais e escolares non sempre respectuosos coas necesidades e intereses da infancia e da mocidade condicionan fortemente as súas vivencias e participación efectiva. Porén hai experiencias que, de maneira crecente, apostan por darlles protagonismo. En conversa con Eva López Soto, pedagoga que desenvolve o seu traballo nos servizos sociais do Concello de Teo, achegarémonos a esta temática, contando coa colaboración doutros investigadores, membros de ANPA etc.

Ficha técnica
Ficha técnica
(máis información)



Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com