|
 | A Actividade |  |
 | Secretaría |  |
|
 | Presentación |  |
Unha nova actividade cultural gratuíta, organizada por Nova Escola Galega e aberta ao público xeral. Neste caso trátase dunha proposta relacionada coa recuperación da nosa memoria histórica, percorrendo distintas zonas da cidade de Santiago de Compostela. O roteiro xirará arredor da familia Cifuentes, que apoiou o golpe de estado do 36.
Estará guiada pola profesora do IES Rosalía de Castro, agora xubilada, Paz Leirós, autora da novela "Y tú, por qué quieres hablar de eso" (2022) que será presentada como parte da actividade. Trátase dun testemuño literario cunha enorme carga de verdade, honestidade, dor e contradicións, que recolle dun xeito sumamente orixinal un momento difícil e incómodo, un tempo que expresa tamén a dificultade de mulleres para que tomen decisións sobre a súa propia vida. É a Historia oficial e sobre todo a oculta. A memoria e os feitos. A palabra contra o esquecemento.
|
|
|
|
 | Ficha técnica |  |
|
|