Navegación: Inicio Grupos de Traballo Educadoras/es pola paz 
Usuario
Contrasinal:

Contactar
Contactar

NOVAS
DOCUMENTO DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA (27 XANEIRO 2017)
  Ler máis
XXIX ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÉS DE EDUCADORAS/ES POLA PAZ
XXIX ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÉS DE EDUCADORAS/ES POLA PAZ. Convivencia e benestar para o século XXI: Experiencias e recursos Chantada, 24, 25 e 26 de abril de 2015   Ler máis

GRUPO DE EDUCADORES/AS POLA PAZ

EDUCADORES/AS POLA PAZ é un grupo de profesores e profesoras dos diferentes niveis educativos, integrado no Movemento de Renovación Pedagóxica (MRP) NOVA ESCOLA GALEGA que ten como finalidades fundamentais a investigación e divulgación da Educación para a Paz (EP), así como os propios de Nova Escola Galega. Máis concretamente OS FINS DO GRUPO SON: 

  • Sensibilizar sobre a necesidade de incorporar nos proxectos educativos de todas as áreas e niveis educativos os valores da paz.
  • Impulsar os tres niveis de achegamento á paz: a investigación, a acción e a educación para a paz.
  • Crear e facilitar ós docentes materiais didácticos relacionados coa ampla cosmovisión da paz.
  • Espallar a cultura de paz asentada na vivencia dos dereitos humanos, na xustiza social, no desenvolvemento sostíbel e na democracia.
  • Difundir o compromiso coa defensa da lingua e cultura galegas.
  • Fomentar a xestión democrática dos centros.

EDUCADORES/AS POLA PAZ é o grupo, organización ou colectivo de Educación para a paz en funcionamento máis antigo non só de Galicia senón de toda a península ibérica. En efecto, algúns dos seus membros comezaron as súas actividades de educación para a paz no curso 1981-82, e o grupo fundouse no ano 1983 na cidade de Vigo a iniciativa de dous educadores membros de Nova Escola Galega, Manuel Bragado e Xesús R. Jares. Este último será o seu coordinador desde a súa fundación deica a actualidade.

Entre as actividades que desenvolve sinalamos a organización desde o curso 1983-84 de diferentes xornadas de Educación para a Paz; a impartición de cursos e conferencias para o profesorado; a organización dos Encontros Galegos e Galego-Portugueses de educadores pola paz; a publicación de diversos libros e material didáctico sobre educación para a paz, xogos cooperativos e resolución de conflitos; a introdución en Galicia da celebración do Día escolar pola Paz (30 de xaneiro); a edición do boletín informativo NOVAPAZ; organización e participación en campañas diversas (xogo e xoguetes; dereitos humanos; etc); o deseño de programas educativos, como foi “Aprender a convivir. Programa educativo municipal” do Concello de Vigo e na actualidade colaborando co Programa “Vivir xuntos. Convivir. Programa de mellora da convivencia” do Concello de Lugo; etc.

Tres claves son de destacar no traballo de EDUCADORES POLA PAZ nestes case vinte e cinco anos de actividade:

  • En primeiro lugar a independencia de calquer partido político, sindicato, confesión relixiosa ou institución.
  • En segundo lugar, o estar asentados desde o inicio das nosas actividades no concepto de paz positiva. En efecto, a paz non a asociamos como antítese da guerra senón ao de violencia (a guerra non deixa de ser un tipo de violencia organizada). E a violencia non é soamente a violencia física, directa senón tamén as chamadas violencias estruturais e culturais que están presentes nas sociedades, dentro e entre estados. Por iso cando falamos de paz, estamos a pensar nas desigualdes de poder; nas oportunidades de vida distintas; na distribución desigual dos recursos; na vulneración de todos e cada un dos dereitos humanos, etc. En definitiva, a idea de paz aparece inexorablemente unida á de xustiza; desenvolvemento; solidariedade; dereitos humanos; liberdade; democracia; etc.
  • En terceiro lugar, o compromiso. Compromiso coa paz e a nonviolencia; compromiso coa defensa de todos os directos humanos para todas as persoas; compromiso coa transparencia e en contra de calquera forma de corrupción; compromiso coa busca da verdade e en contra de todo tipo de mentiras e de manipulacións; compromiso co apoderamento de base das persoas e das organizacións cívicas; compromiso cunha educación de calidade e democrática.


Documentos
TRINTA DE XANEIRO 2013 - TRINTA ANOS DE EDUCACIÓN PARA A PAZ
PRONUNCIAMENTO SOBRE O ANTEPROXECTO DE LEI DE CONVIVENCIA E PARTICIPACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA
XXII ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÉS DE EDUCADORES POLA PAZ, Vigo 18 ao 20 de abril
CONCLUSIÓNS DO XXI ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÉS DE EDUCADORES/AS POLA PAZ
PROGRAMA XXI ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÉS DE EDUCADORES/AS POLA PAZ
CARTEL XXI ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÉS DE EDUCADORES/AS POLA PAZ
Declaración Universal dos Dereitos Humanos
UNESCO. MANIFESTO 2000 para unha cultura da paz e a nonviolencia
ESCUELA: Entrevista a Xesús R. Jares (2ª parte)
ESCUELA: Entrevista a Xesús R. Jares
O máis básico. Xogos cooperativos
O máis básico. Violencia escolar
O máis básico. Educación para a Paz
O máis básico. Educación e dereitos humanos
O máis básico. Conflito e convivencia

EDUCADORES/AS POLA PAZ - DÍA ESCOLAR POLA PAZ
30 DE XANEIRO - TRINTA ANOS DE EDUCACIÓN PARA A PAZ




Nova Escola Galega - San Clemente 18-baixo - 15705 Santiago de Compostela - Tel/Fax 981 562 577 - neg@mundo-r.com