|
 | Acceso á Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural |  |
|
 | GRUPO DE EDUCACIÓN NO RURAL |  |
O Grupo de Educación no Rural de NEG xorde a partir das mobilizacións do verán do 2012 en contra dos recortes de profesorado nos centros do rural, sobre todo de Lugo e Ourense. Esas mobilizacións (camiño de Santiago incluído) permitíronnos entrar en contacto a moitas persoas comprometidas co mantemento dun mundo rural vivo que, dende o ámbito da educación, traballábamos en moitos casos illadamente e sen saber uns doutros.
En coordinación con outras entidades, o Grupo de Educación no Rural de NEG constituíu a REDE GALEGA DE EDUCACIÓN E DESENVOLVEMENTO RURAL, unha comunidade transversal de persoas, garantindo representatividade e participando na súa conformación, un amplo e salientable abano de entidades do rural composto por asociacións e/ou federacións veciñais; de nais e pais (ANPA); de asociacións culturais e etnográficas; de asociacións e entidades de conservación do patrimonio galego; organizacións sindicais docentes e agrarias; colexios profesionais; movementos de renovación pedagóxica; profesorado das universidades galegas e expertos en diferentes disciplinas do desenvolvemento rural; asociacións e/ou federacións ecoloxistas galegas; movementos ecolectivos da loita pola igualdade de xénero; mancomunidades de montes; centros de desenvolvemento rural; grupos de consumo responsable; persoas produtoras que viven do rural; e por suposto, persoas individuais defensoras do rural...; en definitiva, as diversas expresións do ruralismo.
(máis información)
|
|
 | ORGANIZACIÓN INTERNA |  |
Como nos organizamos? Como contactar con nós?
As nosas xuntanzas adoitan realizarse na Facultade de Formación do Profesorado da USC (Av. Ramón Fer
...
(ler)
|
|
 | DOCUMENTOS |  |
|
|
 | A educación no rural en Galiza |  |
|
|