|
 | A última... |  |
 | Núm. especial sobre a COVID19. Xuño 2020 |  |
 | Especial núm. 75. A Nova Escola hoxe |  |
 | Campaña de subscrición |  |
 | A RGE nos medios de comunicación |  |
| Programa "Diario cultural" da Radio Galega, 15 abril 2016 |
| Programa "Zig Zag" da TVG, 12 abril 2016 |
| Programa "Zig Zag" da TVG, 30 marzo 2016 |
| El Correo Gallego, 6 maio 2016 |
| As Crebas, bitácora de Miro Villar, 5 maio 2016 |
| Presentación de Carballo, 12 febreiro 2014 / 2 |
| Presentación de Carballo, 12 febreiro 2014 / 1 |
| Presentación de Lugo, 19 novembro 2013 |
| Presentación de Lourenzá, 10 marzo 2012 |
| Presentación de Boiro, 16 febreiro 2012 |
| Presentación de Pontevedra, 15 de febreiro de 2012 |
| Faro de Vigo, 9 de febreiro de 2012 |
| Presentación de Silleda, 27 xaneiro 2012 |
| Presentación de Santiago. 18 xaneiro 2012 |
| Presentación de Melide. 13 xaneiro 2012 |
| · La Voz de Galicia, 5 agosto 2010 |
| · Galicia Hoxe, 15 xuño 2010 |
| · La Voz de Galicia, 9 xaneiro 2009 |
| · Xornal da USC, 8 xaneiro 2009 |
| · A Voz de Vilalba, decembro 2008 |
| · La Voz de Galicia, 26 agosto 2007 |
| · El Progreso, 15 xullo 2007 |
| · La Voz de Galicia, 12 xullo 2007 |
| · La Voz de Galicia, 1 xullo 2007 |
| · Atlántico Diario, 19 abril 2007 |
| · La Voz de Galicia, 18 abril 2007 |
| · Faro de Vigo, 18 abril 2007 |
| · La Voz de Galicia, 22 abril 2007 |
| · El Progreso, 30 marzo 2007 |
| · El Progreso, 28 marzo 2007 |
| · Galicia Hoxe, 24 marzo 2007 |
|
|
 | ACTOS REVISTA GALEGA DE EDUCACIÓN |  |
 | Presentación do número |  |
AO ABEIRO DO DECRETO 79/2010
Pasaron dez anos dende a publicación do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia. Unha década na que as políticas que afectan a lingua e a cultura de noso, e tamén o mundo do ensino, sufriron mudanzas importantes. Aos cambios normativos operados sumáronse os recortes orzamentarios, no marco do afianzamento dunha visión neoliberal e recentralizadora que callou en amplos sectores da sociedade. Malia que se puido constatar a resposta institucional e a mobilización cívica fronte á regresión lingüística e educativa, non é menos certo que ese rexeitamento non chegou a cristalizar nun cambio político e de gobernación que permitise albiscar mudanzas dun certo alcance.
(...)
(máis información)
|
|
 | Contidos do número e abstracts do monográfico |  |
 | Editorial |  |
ENTROU NA CASA UN TEMPO NOVO
Non contabamos coa COVID-19. Ao chegar ela… quedamos en suspenso, e co confinamento xeneralizado puidemos pensar: pasará logo e volveremos ‘á (nova) normalidade’; mais a situación non ten aínda trazas. Mentres, moitas cousas van cambiando, non polas nosas decisións senón a remolque do que sucede.
‘Entrou na casa (de todas e todos) un tempo novo’ con aínda non ben recoñecíbeis modificacións económicas, nas relación sociais e internacionais, no funcionamento dos servizos públicos, no eido laboral, no campo cultural, e todo con retrocesos en determinadas causas sociais e con maiores desaxustes e inxustizas para os sectores da poboación en risco de pobreza.
(…)
(máis información)
|
|
 | Avance do próximo número |  |
Avance do núm. 79: A FP como primeira opción (título provisional)
Estando situados xa moi lonxe os tempos nos que era unha especie de “irmá pobre” no sistema educativo, nas últimas décadas a nova FP non só cumpre a súa función na formación dos/as especialistas en todos os campos profesionais, senón que comezou a gañar por goleada a capacidade de inserción laboral.
...
(ler)
|
|
|
 | A Revista Galega de Educación |  |
A RGE comezou a editarse en 1986 cunha periodicidade trimestral, promovida por Nova Escola Galega e editada por Edicións Xerais de Galicia. A finais de 1988 chegaba aos 800 subscritores/as,cunha difusión de 1.400 exemplares en cada número.
Pero a partir do ano 1997, algúns problemas, en particular ligados á produción editorial, fixeron entrar en crise todo o proceso de elaboración da revista -redacción, produción e difusión-. Así, en maio do ano 2000, a situación vese sometida a unha revisión, xa iniciada con algunha anterioridade, no seo de Nova Escola Galega, a resultas da cal se decide interromper provisionalmente a edición, cando se levaban editados 33 números e a publicación gozaba dun ampla difusión e recoñecemento profesional e social.
A RGE, que iniciou a fins do 2005 a súa segunda etapa -de periodicidade cuadrimestral-, defínese como unha publicación pedagóxica, en lingua galega, dirixida ao profesorado e, en xeral, aos educadores/as e técnicos/as da educación en Galicia; plural e construída desde as posicións de reforma democrática da educación, ao servizo dunha sociedade solidaria, libre e cultural e lingüisticamente normalizada, posicións todas elas preconizadas polo conxunto de Movementos de Renovación Pedagóxica, e singularmente por Nova Escola Galega.
A RGE pretende tamén contribuír a articular e a ofrecer instrumentos de expresión e comunicación escrita ao conxunto de sectores profesionais e sociais que postulan orientacións e supostos construídos ao amparo do modelo de Escola Pública. Pretende axudar, por tanto, a impulsar un clima e unha mentalidade pedagóxicos propicios -desde a perspectiva teórica, didáctica e metodolóxica- para acadar un sistema educativo público, galego, renovado e democrático.
Na hemeroteca pódese acceder aos números da RGE ata o 42 (incluído). A partir deste número aparecen só os sumarios. En breve poderase acceder a todos sendo subscritor/a.
|
|
 | ENTREVISTA A MICHAEL APPLE |  |
 | RGE - Contidos dixitais |  |
 | Hemeroteca 1ª época (1986-1999) |  |
 | Hemeroteca 2ª época (2005- ) |  |
|
 | Como subscribirse |  |
Prezo de susbcrición anual: 34 € (3 números/ano) Prezo de susbcrición anual asociados/as de NEG: 30€ (3 números/ano)
Se aínda non estás subscrita/o podes facelo enviando por correo electrónico ou ordinario este boletín de subscrición:
Boletín de subscrición
Se queres máis información sobre o proceso de subscrición contacta con nós no seguinte correo:
neg@neg.gal
|
|
 | Organigrama |  |
 | Normas de publicación |  |
 | Tarifas de publicidade |  |
 | Puntos de venda (a RGE pode solicitarse desde calquera librería de Galicia) |  |
|
|